martes, 1 de noviembre de 2016
martes, noviembre 01, 2016
Unknown
Nova web persoal: www.juanramonorosal.com
Boas a todos/as! Que tal!
Comunícovos que dende o pasado mes de setembro de 2016 xa conto con nova páxina web persoal.
A partir de agora podédesme seguir en www.juanramonorosal.com
Como lembro dende o artigo de benvida da web "seguirei dende este espazo na Rede contándovos algunhas das miñas aventuras polo mundo adiante e, por suposto, a de moitos amigos e coñecidos -verdadeiros cracks-, que triúnfan nas súas respectivas facetas, xa culturais, xa deportivas".
¡Graciñas pola vosa atención. Recibide unha forte aperta!
martes, 14 de junio de 2016
martes, junio 14, 2016
Unknown
Helena Villar Janeiro, homenaxeada pola AELG
Helena Villar Janeiro. (Foto: Eduardo Castro Bal)
Segundo me veñen de comunicar dende a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), a compañeira Helena Villar Janeiro será a "Escritora na súa Terra" homenaxeada nesta XXII edición.
Trátase dunha "celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Caxigueiro), a plantación dunha árbore simbólica (un loureiro elixido pola propia autora) e a colocación dun monólito conmemorativo".
Os actos terán lugar o sábado 25 de xuño no concello de Rianxo (A Coruña).
jueves, 28 de abril de 2016
jueves, abril 28, 2016
Unknown
Moita arte no III Concurso Antonio Granja 2016
Reportaxe fotográfica: Xesús González (Suso).
O pasado domingo 24 de abril tiven o pracer de presentar no Auditorio Municipal do Rosal a III edición do Concurso de Xoves Intérpretes "Antonio Granja", que, en verdade, amosou arte polos catro costados.
O certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal que dirixe José Javier Bascoy e preside Iván Diego Martínez, coincidindo co seu 30º Aniversario, estivo aberto por vez primeira -na categoría de máis idade (17 a 23 anos)- a participantes de calquera procedencia.
O clarinetista vigués Xosé Antón Comesaña foi o gañador desa categoría, conseguindo Juan José López o 2º premio e Sara Pumar, o 3º.
O concurso, dende os seus inicios, "fai homenaxe co seu nome a un dos socios fundadores e principais precursores deste colectivo musical do Baixo Miño".
Actuación do grupo Kla-Son da Agrupación Musical do Rosal
Aparte da contía dos premios (500, 300 e 200 euros), o gañador do Concurso terá nun futuro "a oportunidade de actuar como solista coa Banda da Agrupación".
Finalmente, e tras unha difícil deliberación debido ao alto nivel de tódolos finalistas, "o xurado decidiu conceder os tres primeiros postos aos xoves músicos arriba mencionados, todos eles da especialidade de clarinete. Na xornada do sábado, os gañadores foron Laura Riveiro Amorín e David Rodríguez Castro (categorías A e B respectivamente), onde tamén obtiveron unha mención especial María Pereira e Uxía Aldea".
jueves, 7 de abril de 2016
jueves, abril 07, 2016
Unknown
Visitas guiadas por Vigo da man de escritoras/es
Segundo comunica a AELG, abriuse o prazo de inscrición para o primeiro dos Paseos polo Vigo Literario. Primavera 2016.
Vigo literario. Primavera 2016, iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co apoio e colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, son visitas guiadas por Vigo da man das escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade.
A inscrición é independente para cada un dos paseos, sempre a partir das 10.00 do día que se detalla en cada paseo, no correo electrónico actividades.snl@vigo.org
Hai un total de 50 prazas por paseo. Estes serán os seguintes sábados, de 11.30 a 13.00 horas:
Fran P. Lorenzo– 9 de abril
Rexina Vega– 16 de abril.
Xosé María Álvarez Cáccamo – 30 de abril.
lunes, 14 de marzo de 2016
lunes, marzo 14, 2016
Unknown
Este blog vén de ilustrar unha reportaxe da TVG
Este sábado 12 de marzo, a Televisión de Galicia (TVG) vén de ilustrar a reportaxe sobre o piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido, cunha captura de pantalla deste blog (sobre o min. 2:30), con motivo da "reaparición" do noso campión hai uns meses, logo do seu grave accidente.
O título da entrevista: "Gabriel Marcelli, camiño á cima".
Podedes ver aquí este especial sobre Gabriel Marcelli, seis veces campión de Galicia e tetracampión de España de trial.
O título da entrevista: "Gabriel Marcelli, camiño á cima".
Podedes ver aquí este especial sobre Gabriel Marcelli, seis veces campión de Galicia e tetracampión de España de trial.
miércoles, 2 de marzo de 2016
miércoles, marzo 02, 2016
Unknown
Coñecer Galicia: Os Muíños do Folón e Picón
Esta foi a miña intervención no programa "Coñecer Galicia" que se emitiu o sábado 27 de febreiro en directo na Radio Galega. Nesta ocasión falei coa condutora Isabel Freire dos Muíños do Folón e do Picón, un dos "buques insignia" culturais e turísticos do Concello do Rosal.
Aínda que notaredes que andaba un pouco "apurado", xa que xustamente cadrou que durante a entrevista estaba en plena ruta polos montes de Oia e O Rosal, intentei deixar claro que tanto O Rosal como o Baixo Miño son un auténtico paraíso.
Dende aquí, agradecer á Radio Galega a súa preocupación e interese polo noso fermoso e histórico enclave dos 67 muíños do Folón e Picón.
Aínda que notaredes que andaba un pouco "apurado", xa que xustamente cadrou que durante a entrevista estaba en plena ruta polos montes de Oia e O Rosal, intentei deixar claro que tanto O Rosal como o Baixo Miño son un auténtico paraíso.
Dende aquí, agradecer á Radio Galega a súa preocupación e interese polo noso fermoso e histórico enclave dos 67 muíños do Folón e Picón.
viernes, 26 de febrero de 2016
viernes, febrero 26, 2016
Unknown
Entrevista na Radio Galega sobre o Folón-Picón
Isabel Freire. (Foto: CRTVG)
Moi boas!
Que tal. Segundo me veñen de comunicar, mañá sábado 27 de febreiro, sobre as 12:15 horas, entrevistaranme en directo na Radio Galega (91.0 FM), no programa "Coñecer Galicia*" que conduce a xornalista Isabel Freire.
O tema, a ruta e historia do conxunto etnográfico dos 67 muíños do Folón e do Picón (O Rosal-Pontevedra).
*Coñecer Galicia é un programa de viaxes, áxil e entretido que se desenvolve nos ámbitos do ocio, as aventuras e, sobre todo, das culturas do mundo. É conducido por Isabel Freire e transcorre en dous tempos:
1) Os venres faranse propostas para percorrer Galicia na fin de semana: rotas de balnearios, do románico, de sendeirismo, lagos, etc. O programa incluirá tamén entrevistas, documentación escrita, textos literarios e música.
2) Os sábados ampliarase a proposta a unha viaxe máis afastada. Un personaxe de actualidade será quen conte a súa experiencia persoal nun destino elixido por el e, a partir de aí, Coñecer Galicia recreará ese lugar con documentación, fragmentos de película, textos literarios e música do lugar.
jueves, 25 de febrero de 2016
jueves, febrero 25, 2016
Unknown
II Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca en Pías
Novamente é un pracer comunicarvos que a Comisión de Festas da Feira de San Gregorio (Pías-O Rosal) conta comigo por segundo ano consecutivo para presentar o "II Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca 2016".
Este "singular e divertido evento gastronómico" dará comezo o vindeiro sábado 12 de marzo a partir das 17:00 horas.
Haberá dúas modalidades: tradicional e innovación, sendo a inscrición para o concurso libre e gratuíta.
Dende aquí anímovos a participar da Feira e achegarvos ata a carpa que estará instalada fronte á cantina da Comisión, no lugar da Estrada, en San Gregorio (Pías-O Rosal).
jueves, febrero 25, 2016
Unknown
Muchas felicidades a Bluscus-Turismo Marinero
Explicaciones en el sector superior de Folón durante el evento Del Mar a la Tierra. Foto: Bluscus
Buenas a todos/as!
Qué tal!
Esta pequeña entrada en mi blog se la quiero dedicar a todo el equipo de Bluscus-Turismo Marinero y en especial a su coordinador, Pablo Mariño, ya que este 21 de febrero la agencia cumplía su primer aniversario desde que en 2015 "salió a navegar. Un día muy especial y que recordamos con mucho cariño. Rodeado de buenos amigos y de grandes profesionales de este sector, en el que intentamos que el turista o viajero se lleve parte de la esencia de Galicia, la más marinera".
Tengo que agradecer la mención hacia mi persona que hacen en el artículo conmemorativo publicado en su web, con respecto al evento Del Mar a la Tierra que se celebró en O Rosal en mayo del pasado año: "[...] Molinos do Folón. Como nosotros somos muy de mar, queríamos combinar sus vinos con el entorno y con sabores del atlántico, también muy cerca de aquí.
Con todo esto en la cabeza y después de algunas reuniones la jornada estaba clara: visita a los Molinos y los sabores del mar maridados con sus vinos. Los sabores del mar y de la tierra.
Para la ruta no podíamos contar con otra colaboración que no fuese Juan Ramón, escritor, presentador, guía cultural pero sobre todo amante y divulgador de la zona. Nos explicó con sumo interés la historia y costumbres de esta zona. Nos transmitió a todos los asistentes, todo el valor de este patrimonio y su importancia para la zona. Uno de los rincones más bonitos de Galicia, que precisamente la Guía Repsol publicó en sus recomendaciones. Desde lo alto pudimos observar la desembocadura y el cruce de caminos entre el mar y el río. [...]"
¡Enhorabuena, muchas felicidades, larga vida a Bluscus y hasta la próxima!
lunes, 22 de febrero de 2016
lunes, febrero 22, 2016
Unknown
Vitoria de Marcelli antes de asaltar Mallorca
Adestrando en O Rosal. Foto: Gabriel Marcelli / facebook
O piloto rosaleiro, Gabriel Marcelli Carballido vén de gañar, onte 21 de febreiro, o XVI Trial Concello de Entrimo, primeira proba do Campionato Galego de Trial 2016.
O noso veciño declaraba hai unhas horas que se atopa "moi contento co resultado, unha carreira para seguir aprendendo sobre a Montesa, cada día mellor".
O noso veciño declaraba hai unhas horas que se atopa "moi contento co resultado, unha carreira para seguir aprendendo sobre a Montesa, cada día mellor".
Toda a información desta proba e do primeiro Torneo Galego de Trial na páxina da Federación Galega de Motociclismo.
Foto: Federación Galega de Motociclismo
A vindeira cita para Marcelli será este domingo 28 de febreiro na localidade balear de Sant Joan (Mallorca), onde disputará a segunda proba do SPEA RFME Campionato de España de Trial 2016.
jueves, 18 de febrero de 2016
jueves, febrero 18, 2016
Unknown
Catro rosaleiros, a polo ascenso a 2ª co Torroña
Boas a todos/as!
Que tal! Comparto con vós esta reportaxe publicada onte, mércores 17 de febreiro, no suplemento "Campeones" da edición impresa do xornal Faro de Vigo, onde son protagonistas varios rosaleiros.
Co título Tradición y calidad. El Torroña busca el ascenso a Segunda División faise un resumo das dúas décadas de existencia e "actividad constante" do equipo de veteranos oiense Embutidos Torroña.
Na actualidade o Torroña vai 3º na clasificación con 45 puntos, a tan só 1 do segundo clasificado. Despois de 22 partidos xogados, 13 vitorias, 6 empates e 4 derrotas, segundo Faro de Vigo, el Embutidos "ha presentado su candidatura".
Dende aquí felicitar a todo o equipo (con xogadores de Torroña, Goián, Ramallosa, Vilariño, Baiona, etc) e en especial aos rosaleiros Pablo e Roberto (3º e 2º arriba, na imaxe, comezando pola dereita), a Miguel (agachado, 1º pola dereita) e a Dani, que non está na fotografía.
¡Graciñas a Rober pola información. A darlle caña e moita sorte, rapaces!
¡Graciñas a Rober pola información. A darlle caña e moita sorte, rapaces!
jueves, febrero 18, 2016
Unknown
Obradoiro de creación literaria, por Carlos Negro
A Escola de Escritores-as da AELG presenta un Obradoiro de creación literaria, nesta ocasión impartido polo escritor Carlos Negro e con Baldo Ramos como autor convidado.
Este obradoiro é posíbel grazas ao patrocinio do Concello de Pontevedra e a colaboración do Pazo da Cultura.
Comezará o 27 de febreiro e terá unha duración de doce semanas, con cadansúa sesión de dúas horas.
Está aberto o proceso de inscrición para as 25 prazas, gratuítas, para maiores de 16 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude (inscricions@pontevedra.eu)
O poema é un animal escondido
Se queres escribir, desanda o camiño.
Abre os ollos, as orellas, as portas da casa.
Escoita o inaudible.
Achégate como quen pasa a man polo lombo dunha besta salvaxe.
Estou dentro de ti.
Eu son o poema.