Mostrando entradas con la etiqueta Acanor Atlético Novás. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acanor Atlético Novás. Mostrar todas las entradas
viernes, 15 de enero de 2016
viernes, enero 15, 2016
Unknown
Dicir Frony é dicir Atlético Novás, é dicir O Rosal
Quero dende aquí dedicarlle esta nova entrada no meu blog, a modo de pequena homenaxe, a Sergio Diego alias "Frony", porque dicir Frony é tamén dicir Atlético Novás... e como non, O Rosal.
O noso amigo, veciño de Fornelos, é un dos máis ferventes e fieis afeccionados do club de balonmán da vila, ademais dun dos grandes defensores da Jalleira, deste paraíso, deste "Xardín do Baixo Miño".
Proba disto son as innumerables reflexións que o "Sr. Frony", con auténtico sentimento e infinita paixón, publica nas redes sociais. Aquí vos deixo a última, porque, sinceramente, non ten desperdicio. Frony, camioneiro de profesión, co dorsal nº 9 ás costas, por coraxe e devoción ben pode ser considerado o seguidor nº 1, o "oitavo xogador" deste Novás:
"Bueno balonmaneros/as afeccionados/as, mañá toca xogarse o pelexo unha vez máis e todos xuntos ou iso espero e anímovos a que así sexa, porque por iso tamén somos grandes. 40 anos non se fan todos os días. 40 anos crecendo sen parar. 40 anos estando aí arriba, entre os mellores sempre.
Non sei cantas fases a Primeira, aínda recordo na que ascendemos: corría o ano 98 no Rosal. IMPRESIONANTE!!! Non sei cantas á "B", 8-9-10... xa lle perdín a conta. IMPRESIONANTES. 2 tempadas na División de Prata do balonmán español, esas ligas que gañamos en 1ª, disputadísimas e de grandísimo nivel con aqueles equipazos que había sempre (Safa, Ademar, Avilesina, canarios, La Salle, etc). IMPRESIONANTES.
E por moito, moito máis é polo que xamais debemos tirar por un partido unha racha, etc, toda unha historia. É algo más que un club porque o Novás xa é para moitos algo máis que balonmán, é como unha familia ou forma de entender a vida ou identificarse con ela, etc...
Referente a esas imaxes que vos colguei, recorren Galicia todos os días de cabo a rabo. Algunha que outra vez saen e parte de Portugal. Asegúrovos que na maioría dos sitios somos coñecidos e coñecen e saben do Atlético Novás ou de O Rosal, ou do viño ou dos Muíños do Folón e Picón, etc.
E se non saben, preguntan "¿que é iso do Atl. Novás que levas aí?" E bueno eu que case non me gusta nada jeje, cun pequeno resumo de 5-10 minutos da nosa historia a peña flipa e queda sorprendidísima, a verdade. Por iso que O Rosal e o Novás son moi, moi grandes, así que colaboremos a que sigan sendo GRANDES e nunca pequenos.
Son máis que motivos para non baixarse xamais na vida deste tren e todo isto que temos na nosa vila, así que mañá, unha vez máis temos unha gran cita, ás 19:00 horas, coma sempre!!!
Saúdos a todos/as. AÚPA NOVÁS!!!!!"
¡¡Pero que grande eres, Sr. Frony!!
miércoles, 6 de enero de 2016
miércoles, enero 06, 2016
Unknown
Graciñas a todos/as por este histórico ano 2015
Non podo máis que agradecer inmensamente a todos/as a confianza que depositáchedes en min este ano 2015. Agardo que sigades nesta "fantástica liña" en 2016 (jeje).
En serio, graciñas de corazón a todas as entidades, tanto públicas como privadas, que contáchedes comigo para presentar eventos, guiar andainas e rutas, ofrecer explicacións, escribir discursos, elaborar artigos, etc.
Especial recoñecemento, dende aquí, ao concello do Rosal, ao de Ponteareas, A Guarda e Oia, ao Club Ciclista O Rosal, ao Acanor Atlético Novás, a Luis Paz e Fáunicas, a Sergio Trinta e o Seixiños, á AELG, a Bluscus, á Experiencia Ecotur e Uniminho, etc, etc.
Este ano foi un "non parar" -con viaxe dun mes por Canadá e EEUU incluída- pero orgulloso de traballar e dar o máximo pola miña vila do Rosal, polos meus veciños da "Comarca" e polos meus paisanos de Galicia. Aínda que tiven que sacrificar moito tempo de lecer persoal, confésovos que, por suposto, ¡valeu a pena!
Aproveito dende aquí, xa que moitos me preguntáchedes, que precisamente, despois de 3 anos como autónomo, dende o pasado 2015 traballo e facturo como "freelance" (profesional por conta propia do mundo audiovisual, da comunicación e da cultura).
¡Que pasedes un Feliz 2016, moita saúde e para o que precisedes, aquí estou á vosa disposición! ¡Bicos e apertas para todos/as!
martes, 29 de diciembre de 2015
martes, diciembre 29, 2015
Unknown
Galicia vibra coas vellas glorias do Atlético Novás
Fotografías: J. Carlos Gil Domínguez / Juan Ramón Martínez
A data do 26 de decembro de 2015 a bo seguro quedará gravada na mente e corazón da maioría dos afeccionados ao balonmán que ateigaron a pasada fin de semana o pavillón municipal do Rosal. Non en van, o deporte do handball é "O Rei" a nivel equipo na vila baixomiñota.
A selección de Marruecos xunto con directivos do Novás, autoridades do Rosal e Galicia
O Atlético Novás celebraba nada máis e nada menos que o seu 40 aniversario co evento "All Star Game" un auténtico espectáculo que incluíu, xa de mañá, un torneo das categorías base do club.
Pola tarde, comezou este festexo co encontro dos "Héroes do ascenso a DHB 2003 vs Combinado galego de veteráns".
Unha auténtica gozada para o público de toda Galicia -que vibrou como nunca- ver de novo na cancha rosaleira a míticos xogadores do Novás como Nikolai Tsibanev, Jimmy, Esteban Pedrosa, Pope, Jacobo, Mon... e por suposto, non digamos xa disfrutar da calidade -entre outros- do actual adestrador Jota ou do gran Rafa Dasilva.
Unha auténtica gozada para o público de toda Galicia -que vibrou como nunca- ver de novo na cancha rosaleira a míticos xogadores do Novás como Nikolai Tsibanev, Jimmy, Esteban Pedrosa, Pope, Jacobo, Mon... e por suposto, non digamos xa disfrutar da calidade -entre outros- do actual adestrador Jota ou do gran Rafa Dasilva.
A primeira edición do concurso de goles espectaculares tivo como gañador a Edu Moledo (S.D. Teucro), cunha pirueta e un xiro de 360º que encandilaron ao xurado. Mención especial para a actuación de Paulo Dacosta (Frigoríficos Cangas) e como non, o golazo de Víctor Armán (teño que confesar que a emoción me embargou mentres comentaba esa sublime xogada).
O capitán do equipo rosaleiro transformou o impresionante lanzamento caracterizado como o seu pai Manolo Armán Flores "O Gorras", vella e viva gloria do Novás, homenaxeando desta sentida maneira tanto a clásica xogada como a persoa do seu proxenitor. (VÍDEO DO GOL DE VÍCTOR ARMÁN).
O capitán do equipo rosaleiro transformou o impresionante lanzamento caracterizado como o seu pai Manolo Armán Flores "O Gorras", vella e viva gloria do Novás, homenaxeando desta sentida maneira tanto a clásica xogada como a persoa do seu proxenitor. (VÍDEO DO GOL DE VÍCTOR ARMÁN).
Esta exhibición, xunto coa actuación do grupo de baile Xamaraina, que dirixe Elena Baz Rodríguez, foron o preámbulo ao prato forte da xornada, o encontro Galicia vs Marruecos.
A selección marroquí, "Os Leóns do Atlas", -3ª clasificada no Campionato de África (2006) e con seis participacións nos Mundiais de balonmán- foi unha digna rival da escuadra galega. 14-14 ao remate dos primeiros 30 minutos, para finalmente caer 30-24 a prol dos nosos.
Destacar a presenza na selección de Galicia dos rosaleiros Xavi Díaz (Valladolid) e Paulo Dacosta (Cangas), que foron elixidos para este partido polos adestradores Víctor García "Pillo" e Quique Domínguez.
Pola miña parte só me queda agradecer ao Acanor Atlético Novás que preside Andrés Senra a súa deferencia comigo por convidarme a ser o speaker deste histórico evento. Graciñas tamén dende aquí a Moncho Vicente, a Dani Martínez, a Roberto Fernández "Campelo" e demais membros do club.
¡Parabéns a todos e noraboa polo éxito de organización deste 40 aniversario... e a por outros tantos!
¡Parabéns a todos e noraboa polo éxito de organización deste 40 aniversario... e a por outros tantos!
viernes, 25 de diciembre de 2015
viernes, diciembre 25, 2015
Unknown
Espectáculo en O Rosal co All Star Game 2015
Este sábado 26 de decembro terei o pracer de exercer de speaker e presentar na miña querida vila do Rosal, un evento deportivo de primeiro nivel, convidado de novo polo club Acanor Atlético Novás de balonmán que preside Andrés Senra.
Trátase do All Star Game 2015 que se celebrará no pavillón municipal a partir das 10:30 horas, co Torneo de categorías base (benxamín ata xuvenil).
Ás 17:00 h., encontro dos "Héroes do ascenso a DHB 2003 vs Combinado galego de veteráns".
O concurso de goles espectaculares terá lugar ás 18:30 horas e o prato forte do día, o partido entre a Selección Galega contra a Selección Marroquí, ás 20:00 horas.
O gardarredes do Valladolid, Xavi Díaz, será o único rosaleiro convocado con Galicia para esta atractiva cita, na que os adestradores Quique Domínguez e Víctor García "Pillo" tamén seleccionaron, segundo se le na web do Novás, "a García Lloria e Germán Hermida (Octavio), Roberto "Bicho" e Tomás Moreira (Villa de Aranda), Víctor Frade (Cuenca), Serafín Pousada, Eijo (Frigoríficos Cangas), José Rial, Carlos García, Víctor Rodríguez, David Chapela, Edu Moledo e Dani Hernández (Teucro) e Chan (Cisne)".
domingo, 22 de noviembre de 2015
domingo, noviembre 22, 2015
Unknown
Homenaxe do Acanor Novás a Gabriel Marcelli
Moncho Vicente, Gabriel Marcelli e Andrés Senra
Hoxe, domingo 22 de novembro, tivo lugar no pavillón municipal do Rosal, a homenaxe do Acanor Atlético Novás ao piloto da vila, Gabriel Marcelli Carballido, que se vén de proclamar recentemente - e por cuarta vez- Campión de España de Trial.
Ao descanso do partido, que enfrontou ao club de balonmán rosaleiro co S.A.R. Plastic Omnium (con victoria para os nosos por 27-17), realizouse este pequeno acto, co presidente Andrés Senra e o xerente de Acanor, Moncho Vicente á cabeza, onde se lle entregou a Marcelli unha camiseta do Novás co seu número 38 e unha praca conmemorativa.
¡Noraboa, tanto á directiva do Novás como ao propio Gabri por este xusto recoñecemento deportivo entre veciños. Que cunda o exemplo!
lunes, 26 de octubre de 2015
lunes, octubre 26, 2015
Unknown
A gran familia numerosa do Acanor Atl. Novás
Onte, domingo 25 de outubro, tal e como anunciara na entrada anterior do meu blog, tiven o pracer e a honra de presentar no Restaurante Juan (O Rosal) todas as categorías do club Acanor Atlético Novás de balonmán, dende os benxamíns ata o equipo sénior da Primeira Nacional. (Reportaxe: Acanor Atl. Novás)
O meu sincero agradecemento á gran familia do Novás, e en especial ao seu presidente Andrés Senra, así como ás coordinadoras da base, Aurora Lomba e Chari Alonso.
Estou seguro de que traballando coa base como se está facendo, cos máis pequenos, nos anos vindeiros seguiremos tendo xogadores "cracks" que serán a envexa e admiración dos demais clubs, non só a nivel galego, senón xa a nivel nacional.
Adestradores como Jota, Manolo Armán, Nikolai, Viti, etc, abofé que impregnarán aos seus pupilos dos mellores coñecementos, experiencia e sabiduría deste deporte "tan representativo do Rosal".
Como digo, só haberá que ter paciencia para ver no pavillón municipal aos novos Xavi Díaz, Dani Cerqueira, Paulo Dacosta, Ramón Martínez... ¡tempo ao tempo!
¡AÚPA NOVÁS!
jueves, 22 de octubre de 2015
jueves, octubre 22, 2015
Unknown
O Atlético Novás presenta ás súas futuras estrelas
Segundo nota de prensa remitida polo club de balonmán do Rosal que preside Andrés Senra, "este domingo, 25 de outubro, é a data elexida para a presentación de todos os equipos que compoñen o Acanor Atlético Novás para esta tempada 2015/2016.
O lugar escollido para o acto é o salón do Restaurante Juan (O Rosal) e estará presentado por o escritor e "blogger" Juan Ramón Martínez, que unha vez máis tende a súa man ao club.
O comezo será as 11:30 horas e a entrada será libre".
Pola miña parte, tan só dicir que é un pracer colaborar de novo co balonmán rosaleiro e co deporte do Baixo Miño. ¡Vémonos pois o domingo!
viernes, 21 de agosto de 2015
viernes, agosto 21, 2015
Unknown
Un rosaleiro y Miño Films graban en New York
Qué tal. Escribo hoy, viernes 21 de agosto, por vez primera en el blog, de mi viaje a las "Américas" desde el inspirador Parc Sir Wilfrid Laurier en Montreal (Canadá).
Por eso, aquí estoy, con tiempo veraniego, wifi, mesita y muy buenas vistas en el hermoso y céntrico parque, disfrutando -a la vez que tecleo estas líneas- del apacible discurrir de sus educados y alegres vecinos (de las vecinas mejor ya ni os cuento... jeje).
Dónde va para mí aquel martes 28 de julio, cuando emprendía rumbo desde la querida "Comarca" hacia la capital de España, para el jueves, volar a las lejanas tierras de Canadá.
Tengo que agradecer inmensamente la hospitalidad, complicidad, compañía y ayuda de los amigos actores Jordi y Elena en los Madrides y de Luis Druida y Oli durante mi estancia americana. Sin ellos, está claro que todo esto sería imposible.
Desde el 31 de agosto ando en "estado de shock". Sinceramente en estos 20 días el impacto visual ha sido brutal. Un no parar de experimentar nuevas sensaciones y vivencias inolvidables e irrepetibles. No en vano la peli que estamos rodando lleva por título "Living Postcard" en referencia a la frase "estamos metidos en una postal viviente" pronunciada por Luis durante nuestra estancia en Seward (Alaska).
Fue aterrizar en Montreal (Canadá) e inmediatamente, directos a New York (EEUU). Una ciudad -el "centro del universo" como la denomina Luis Druida- a la que le tenía muchas ganas... y no me decepcionó.
Fue aterrizar en Montreal (Canadá) e inmediatamente, directos a New York (EEUU). Una ciudad -el "centro del universo" como la denomina Luis Druida- a la que le tenía muchas ganas... y no me decepcionó.
Visita con reportaje fotográfico realizado por Luis Paz (Fáunicas) y grabaciones incluidas a cargo de la productora Miño Films TV por Manhattan, desde el Top of the Rock (Rockefeller Center), hasta la isla de la Libertad, pasando por Central Park, Wall Street, Brooklyn, Time Square, el World Trade Center, etc, etc.
"A cidade dos rañaceos". Mientras paseaba por las calles neoyorquinas identificaba edificios y lugares, escenas de innumerables películas que me venían a la mente, como las de King Kong, Desayuno con diamantes, West Side Story, El Padrino, Spiderman, Soy Leyenda, Los Vengadores... increíble.
Sinceramente con este viaje he visto cumplido un sueño y comprobado en primera persona que muchos de los estereotipos americanos y neoyorquinos son totalmente ciertos.
Mi idea de su cultura, que conocía a través de la gran pantalla se iba reflejando a cada paso que daba: su patriotismo, con las banderitas de EEUU izadas por todos lados, las cadenas de fast food, el autobús amarillo de Los Simpson, sus taxis, sus míticos habitantes... la obsesiva seguridad en cualquier sitio público... en definitiva, me sentía en todo momento como si fuera parte de un continuo y gran film que se estuviera rodando (... y que se grabó... jeje).
Qué decir de comer un tremendo pulpo, riquísimos calamares o arroz con bacalao, regados con un buen albariño, en el propio meollo de New York, en el restaurante El Pote Español, regentado por un gallego, don Enrique, que nos trató de forma exquisita. ¡Desde aquí, un saludo y gracias!
Sin lugar a dudas, desplegar la bandera de O Rosal o la bufanda del Atlético Novás a los pies de la Estatua de la Libertad o con el Empire State de fondo, en pleno New York, ha sido un placer y un honor, que comparto aquí con vosotros en forma de fotografías, deseando -si los astros vuelven a cuadrar- volver algún día.
¡Besos y abrazos a todos desde "el otro lado del charco"! ¡En la próxima entrada del blog nos vemos en Kodiak Island (Alaska)!
Sinceramente con este viaje he visto cumplido un sueño y comprobado en primera persona que muchos de los estereotipos americanos y neoyorquinos son totalmente ciertos.
Mi idea de su cultura, que conocía a través de la gran pantalla se iba reflejando a cada paso que daba: su patriotismo, con las banderitas de EEUU izadas por todos lados, las cadenas de fast food, el autobús amarillo de Los Simpson, sus taxis, sus míticos habitantes... la obsesiva seguridad en cualquier sitio público... en definitiva, me sentía en todo momento como si fuera parte de un continuo y gran film que se estuviera rodando (... y que se grabó... jeje).
Qué decir de comer un tremendo pulpo, riquísimos calamares o arroz con bacalao, regados con un buen albariño, en el propio meollo de New York, en el restaurante El Pote Español, regentado por un gallego, don Enrique, que nos trató de forma exquisita. ¡Desde aquí, un saludo y gracias!
Sin lugar a dudas, desplegar la bandera de O Rosal o la bufanda del Atlético Novás a los pies de la Estatua de la Libertad o con el Empire State de fondo, en pleno New York, ha sido un placer y un honor, que comparto aquí con vosotros en forma de fotografías, deseando -si los astros vuelven a cuadrar- volver algún día.
¡Besos y abrazos a todos desde "el otro lado del charco"! ¡En la próxima entrada del blog nos vemos en Kodiak Island (Alaska)!
domingo, 19 de julio de 2015
domingo, julio 19, 2015
Unknown
O Acanor Atl. Novás desborda ilusión en O Rosal
A Praza do Calvario e a XXIII edición da Feira do Viño do Rosal acolleron o sábado 18 de xullo a presentación oficial do equipo do Acanor Atlético Novás para a tempada 2015/16.
Dende aquí, o meu agradecemento á directiva do club de balonmán rosaleiro que preside Andrés Senra, por confiar en min para ser o "speaker" deste novidoso e -a bo seguro- histórico evento deportivo.
Sen dúbida con este tipo de actos públicos e a boa xestión nas fichaxes, primando a "xente da casa" e sobre todo o acerto á hora de tomar decisións difíciles e adecuadas, está facendo que o Novás estea a desbordar a ilusión entre os afeccionados do Rosal e do Baixo Miño.
O coidado da súa inagotable canteira de talentos, da súa gran base e o "rescatar" a homes-emblema do club como Germán Fernández (novo segundo adestrador), e a volta de Jota Muñoz como míster, auguran moitos éxitos a curto e longo prazo para os rosaleiros.
Pese as importantes baixas do "eterno capitán" Ramón Martínez, Paulo Dacosta ou David Lechuga, fichaxes como as de David Álvarez (Carballal), Miguel Sío (Chapela), Carlos Rodríguez (BM Cisne), Miguel Trigo (Frigoríficos Morrazo) e César Armán (S.D. Teucro) alentan e agradan mazo á marea vermella.
Aínda que me perderei o inicio da tempada pola miña inminente viaxe ás Américas en agosto, seguirei tamén con infinita ilusión ao Novás dende New York, Montreal, Alaska... onde me atope.
Noraboa ao patrocinador Acanor e ao seu xerente Moncho Vicente por apostar polo Novás, ao Concello do Rosal, ás empresas e a todos os que colaboran para que o noso club sexa un referente deportivo non só en Galicia senón xa a nivel nacional.
¡Parabéns e moita sorte para esta nova tempada 2015/16! ¡Aúpa Novás e viva O Rosal!



















.bmp)












































