lunes, 26 de octubre de 2015

A gran familia numerosa do Acanor Atl. Novás


Onte, domingo 25 de outubro, tal e como anunciara na entrada anterior do meu blog, tiven o pracer e a honra de presentar no Restaurante Juan (O Rosal) todas as categorías do club Acanor Atlético Novás de balonmán, dende os benxamíns ata o equipo sénior da Primeira Nacional. (Reportaxe: Acanor Atl. Novás)



O meu sincero agradecemento á gran familia do Novás, e en especial ao seu presidente Andrés Senra, así como ás coordinadoras da base, Aurora Lomba e Chari Alonso.



Estou seguro de que traballando coa base como se está facendo, cos máis pequenos, nos anos vindeiros seguiremos tendo xogadores "cracks" que serán a envexa e admiración dos demais clubs, non só a nivel galego, senón xa a nivel nacional.




Adestradores como Jota, Manolo Armán, Nikolai, Viti, etc, abofé que impregnarán aos seus pupilos dos mellores coñecementos, experiencia e sabiduría deste deporte "tan representativo do Rosal".



Como digo, só haberá que ter paciencia para ver no pavillón municipal aos novos Xavi Díaz, Dani Cerqueira, Paulo Dacosta, Ramón Martínez... ¡tempo ao tempo!

¡AÚPA NOVÁS!