III EDICIÓN DO CONCURSO DE XOVES INTÉRPRETES ANTONIO GRANJA 2016

Juan Ramón foi o presentador deste certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez

PRESENTADOR DO II CONCURSO VECIÑAL DA TORTILLA DE PATACA (PÍAS-O ROSAL)

Este orixinal e divertido evento sociogastronómico serviu de inauguración dos actos e festexos da tradicional Feira de San Gregorio

REPORTAXE DE FÁUNICAS DO NOSO ENCONTRO COS OSOS EN KODIAK E KATMAI (ALASKA)

Incrible experiencia a vivida nas lonxanas e salvaxes terras de Alaska, fotografiando aos osos pescando en plena e idílica natureza

GUÍA OFICIAL NA VILA DO ROSAL DA EXPERIENCIA ECOTUR DE UNIMINHO

Explicacións da Cultura Cabaqueira no Centro Etnográfico, visita aos muíños do Folón e aos petróglifos de Ghorghalado en Eiras

PRESENTACIÓN DE TODAS AS CATEGORÍAS DO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN

O Restaurante Juan (O Rosal) acolleu este acto deportivo no que se presentou un por un a todos os xogadores/as para a tempada 2015-2016

MES DE RODAJE Y VIAJE POR NEW YORK, MONTREAL (CANADÁ) Y ALASKA (ESTADOS UNIDOS)

En la imagen, Juan Ramón desplegando orgulloso la bandera de O Rosal con la Estatua de la Libertad al fondo (Liberty Island-New York)

A II ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO VISITA O TAMUXE E AS ACEÑAS

Os participantes na andaina posando para a posteridade na área recreativa do Muíño das Aceñas (San Miguel de Tabagón)

O ACANOR ATLÉTICO NOVÁS PRESENTOUSE AO GRANDE ANTE A SÚA AFECCIÓN

Na imaxe, presentando ao xogador David Lechuga e ao novo adestrador do primeiro equipo, “Jota”, na balconada do Concello do Rosal

PRESENTACIÓN DA II EDICIÓN DA CARREIRA E ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO, 2015

Con Serafín Martínez Acevedo, coordinador da 10k O Rosal, na presentación da XXIII Feira do Viño do Rosal que tivo lugar na Abadía das Eiras

BORJA OUBIÑA, CAPITÁN DO REAL CLUB CELTA DE VIGO, ANUNCIA A SÚA RETIRADA

Na imaxe, entrevistando a Oubiña para a canle de Miño Films TV, na presentación da pasada edición da carreira e andaina 15k del Atlántico

PRESENTACIÓN DA PLANTILLA DO CLUB CICLISTA O ROSAL PARA A TEMPADA 2015

O evento serviu como homenaxe ao ciclista Raúl Fernández. Na imaxe, co seu compañeiro Toñi Portela, autoridades municipais e plantilla do Club

1ª ANDAINA DE SANTA CRUZ A SAN LOURENZO (A GUARDA- O ROSAL –GOIÁN, TOMIÑO)

Juan Ramón foi o guía do concello do Rosal nesta camiñada organizada polos tres municipios baixomiñotos e que se celebrou o 21 de febreiro

PRESENTADOR-SPEAKER DA CARREIRA E ANDAINA “I SAN SILVESTRE O ROSAL”

Organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o Concello, a San Silvestre reuniu a máis de 300 participantes

A ANDAINA 15K REÚNE A MÁIS DE 150 PERSOAS, PERCORRENDO OIA, O ROSAL E A GUARDA

A segunda edición do evento deportivo-cultural “ 15k del Atlántico” superou os 800 participantes. O atleta Pedro Nimo volveu a vencer na carreira

PRESENTACIÓN OFICIAL DE LA CARRERA Y LA ANDAINA “15K DEL ATLÁNTICO"

En la imagen, intervención de Juan Ramón, junto a los deportistas Serafín Martínez, Borja Oubiña y los alcaldes de O Rosal, A Guarda y Oia.

JUAN RAMÓN E CRISTÓBAL COÍMBRA CREAN A PRODUTORA AUDIOVISUAL “MIÑO FILMS”

Miño Films traballa para particulares, empresas e medios de comunicación, gravando eventos culturais e deportivos, spots publicitarios, festas, etc.

COS DEPORTISTAS ÓSCAR VICENTE E SERAFÍN MARTÍNEZ NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Entrevista na Radio Municipal de Tui como coordinadores da primeira edición do evento deportivo-cultural 10k O Rosal Feira do Viño

ENTREVISTA PARA O PROGRAMA “DESDE GALICIA PARA EL MUNDO” (TVE INTERNACIONAL)

Juan Ramón foi entrevistado para o coñecido programa do Canal Internacional de TVE sobre os 67 Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO, O ROSAL 2014

Na imaxe, Juan Ramón, presentador desta segunda Gala do Deporte 2011-2014, dando a benvida aos homenaxeados/as e público asistente

O ROSAL HOMENAXEA AOS SEUS DEPORTISTAS. II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

Este sábado 12 de abril presentará no Auditorio Municipal a gala onde se premiarán aos deportistas máis destacados entre os anos 2011 e 2014

RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA, DISPUTARÁ O MUNDIAL DE CICLOCROSS 2014

Na imaxe, Raúl con Juan Ramón, na recepción oficial que se lle ofreceu no Rosal tras as súas vitorias en Dumbría (A Coruña) e Segorbe (Castellón)

XUNTANZA DOS MEMBROS DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES NA ÁREA PANORÁMICA

De esquerda a dereita: Rafael Sánchez Bargiela, Marta Cendón Fernández, Silvia González Soutelo, Juan Ramón, Xavier Añoveros Trías de Bes, Ernesto Iglesias Almeida, Antonio Hernández Matías, Jaime Garrido Rodríguez, Clodio González Pérez e Xoán Martínez Tamuxe.

MÁXIMO ESPECTÁCULO E NIVELAZO NO V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS

De pé: Gera, Dani, Galis, Ángel, Sevi, Gus, Yors, José, Xián, 29, Tuka e Luis. Abaixo: Trinta, Ruth, Pipu, Juan, Frony, Dieguito, Diego e Yeya

PRESENTACIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO” NO TALASO (MOUGÁS-OIA)

Na Praza do Calvario (O Rosal) con Serafín Martínez Acevedo, exciclista profesional e coordinador desta fermosa carreira pola costa

NORABOA A YOEL, PORTEIRO DO REAL CLUB CELTA DE VIGO (PRIMEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL)

Na imaxe, co cancerbeiro vigués, titular do equipo olívico nesta tempada 2013/2014, nunha recente visita realizada a O Rosal

II CHURRASCOPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2013. CHURRASCO, FUTBOLÍN E TUTE

Na imaxe, os participantes que disfrutaron desta segunda edición do “Churrascopen”, celebrada no Bar Troya (Marzán-O Rosal)

BEMBRIVE (VIGO) ACOLLEU A II EDICIÓN DE GALICIA AWARDS CACHE 2013

Por segundo ano consecutivo a Organización do evento de Geocaching volveu a elixir a Juan Ramón como presentador da gala de premios

JUAN RAMÓN INTERVIU NO PROGRAMA “DESCUBRINDO O BAIXO MIÑO” DA RMT

Na imaxe, co director da emisora, José Font Moldes e cos seus compañeiros, os historiadores Suso Vila, Xoán M. Tamuxe e Rafael S. Bargiela

O ROSAL ACOLLEU O IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS 2012

Na imaxe, os 26 xogadores/as que participaron neste evento do XXV aniversario da Festa na honra dos Mestres telleiros do Baixo Miño

ENTREVISTA A ÓSCAR VICENTE RODRÍGUEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIATLÓN 2012

Na imaxe, co triatleta rosaleiro, que foi recibido no Concello polo Alcalde, a tenente de Alcalde e a concelleira de Cultura

JUAN RAMÓN FOI O PRESENTADOR DA I EDICIÓN DE GALICIAN AWARDS CACHE 2012

Na imaxe, en Bembrive (Vigo), geocachers, participantes e organizadores desta entrega de premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia

O EQUIPO FORNELOS/CRUCES, CAMPIÓN DO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA

Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) foron os vencedores deste torneo no que participaron 32 xogadores/as

NO XXXIII FESTIVAL DE PARDIÑAS (GUITIRIZ) E NAS XCIX FESTAS DO MONTE (A GUARDA)

Na imaxe, comezando a romaría ao Monte Santa Trega con Olalla, Luis, Pedro e Juan, tras asistir á VI Festa do Percebe de Viladesuso (Oia)

JUAN RAMÓN PARTICIPOU NA HOMENAXE DO ROSAL A FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ

Na imaxe, recitando “Sueño poético de mi Marzán” da autoría de Florindo Álvarez Martínez, coñecido popularmente como Floro de Pancenteo

AGRADECEMENTO Á COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA DE BAÍÑA

Este sábado 2 de xuño fomos convidados a unha xuntanza-sardiñada no Centro Social e Cultural de Santa Mariña de Baíña (Baiona)

VILAMEÁN ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO PORTO

Na imaxe, os autores con Celso Fernández, presidente da Comunidade de Montes e con Rosa Dopazo, alcaldesa pedánea

JUAN RAMÓN PRESENTOU O I RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

O acto celebrouse o 20 de febreiro de 2011 no Auditorio Municipal, homenaxeando a deportistas e clubs da vila

TAMUXE E JUAN RAMÓN PRESENTAN O LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

Os autores estiveron acompañados polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o Alcalde do Rosal, Jesús Mª Portela

PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE A MADANELA (BURGUEIRA E BARRANTES)

Na imaxe, o presidente e o secretario da Comunidade de Montes de Barrantes, cos autores

DENDE 2005 VEN REALIZANDO RUTAS GUIADAS POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

Na imaxe, coas alumnas da Escola Superior de Turismo Welton, de Vigo, ao pé da carreira de Martín, no sector medio dos muíños do Folón

JUAN RAMÓN, UN DOS REPRESENTANTES DO CONCELLO DO ROSAL NA XXX EDICIÓN DE FITUR

Na imaxe, en Madrid, na Feria Internacional de Turismo, coa actriz galega María Castro, unha das “madriñas” do Camiño Portugués pola Costa

EN 2009 CREA O I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS MESTRES CABAQUEIROS

Na imaxe, xogadores, colaboradores e telleiros pousando durante a entrega de premios na Festa do Cabaqueiro 2010

JUAN RAMÓN É O GUÍA DAS ANDAINAS CULTURAIS “O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO”

Na imaxe, os participantes da andaina eclesiástica de abril do pasado ano, diante da capela de San Vicente (Marzán)

Mostrando entradas con la etiqueta Ponteareas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ponteareas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de enero de 2016

Graciñas a todos/as por este histórico ano 2015


Non podo máis que agradecer inmensamente a todos/as a confianza que depositáchedes en min este ano 2015. Agardo que sigades nesta "fantástica liña" en 2016 (jeje).

En serio, graciñas de corazón a todas as entidades, tanto públicas como privadas, que contáchedes comigo para presentar eventos, guiar andainas e rutas, ofrecer explicacións, escribir discursos, elaborar artigos, etc.

Especial recoñecemento, dende aquí, ao concello do Rosal, ao de Ponteareas, A Guarda e Oia, ao Club Ciclista O Rosal, ao Acanor Atlético Novás, a Luis Paz e Fáunicas, a Sergio Trinta e o Seixiños, á AELG, a Bluscus, á Experiencia Ecotur e Uniminho, etc, etc. 

Este ano foi un "non parar" -con viaxe dun mes por Canadá e EEUU incluída- pero orgulloso de traballar e dar o máximo pola miña vila do Rosal, polos meus veciños da "Comarca" e polos meus paisanos de Galicia. Aínda que tiven que sacrificar moito tempo de lecer persoal, confésovos que, por suposto, ¡valeu a pena!

Aproveito dende aquí, xa que moitos me preguntáchedes, que precisamente, despois de 3 anos como autónomo, dende o pasado 2015 traballo e facturo como "freelance" (profesional por conta propia do mundo audiovisual, da comunicación e da cultura). 

¡Que pasedes un Feliz 2016, moita saúde e para o que precisedes, aquí estou á vosa disposición! ¡Bicos e apertas para todos/as!

jueves, 5 de noviembre de 2015

O libro Tres Feridas preséntase en Ponteareas


Hoxe, xoves 5 de novembro, asistirei con Xoán Martínez Tamuxe á presentación en Ponteareas (Pontevedra) da primeira novela do periodista e escritor, Manrique Fernández Vázquez, que leva por título Tres Feridas.

Convidados por Belagua Ediciones e o Concello de Ponteareas, o acto celebrarase na Biblioteca Municipal (20:30 horas), coa intervención da concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, a escritora Susana Lamela e a editora, Edurne Baines. 

jueves, 11 de junio de 2015

Artigo sobre gravados rupestres en "Soberosum"

Escritores/as, alcalde e concelleiro de Cultura de Ponteareas na presentación. (Foto: Hernández)

Onte, mércores 10 de xuño, fun novamente convidado polo Concello de Ponteareas, desta vez para asistir á presentación de "Soberosum". Revista de Estudos Municipais, na que colaborei literariamente, xunto con Xoán Martínez Tamuxe, co artigo de carácter arqueolóxico titulado "Algúns gravados rupestres en Mouriscados e Uma".



Un pracer e unha honra poder escribir e aportar o meu -o noso- graniño de area a esta publicación ponteareá (a nº 4, de case 400 páxinas), que tamén conta coa firma de recoñecidos investigadores como -entre outros- Clodio González Pérez, Andrés Sampedro Fernández, Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, Francisco Candeira Mosquera, Michael Skinner, etc, etc.


O que digo sempre e me reafirmo cada vez máis: cando "fóra" contan contigo, te tratan de forma exquisita e te invitan a colaborar en libros e revistas desta categoría, un sae deste tipo de actos botando de menos un pouco máis de sensibilidade cultural e respecto preto da casa. 

Está claro que, cando hai interese polo noso, querer é poder. Pero -como di o refrán- de onde non hai... ( )

¡Noraboa ao Concello de Ponteareas!

lunes, 1 de junio de 2015

A obra eterna de Alfonso Quinteiro Alonso


Velaquí vos deixo íntegro o meu último artigo, titulado Un ponteareán, autor do monumento a Frei Rosendo Salvado, publicado na revista Pregón, presentada hai uns días en Ponteareas (Pontevedra):

O pasado ano conmemorouse na diócese de Tui-Vigo o bicentenario do nacemento de Frei Rosendo Salvado y Rotea (Tui, 1814 – Roma, 1900), misioneiro benedictino, abade e bispo de Nova Nursia (Australia), gran defensor dos dereitos dos aborixes australianos e unha das personalidades galegas máis destacadas do pasado século XIX.


Aproveitando esta sinalada efeméride, é xusto lembrar que a monumental escultura dedicada ao Pai Salvado, na Praza da Inmaculada, en Tui, de máis de cinco metros de altura e dous anos de traballo, foi realizada polo mestre pontareán, Alfonso Quinteiro Alonso. Esta obra, promovida por suscrición nacional en 1946, foi inaugurada tres anos máis tarde.


Non foi ata o ano 2007 cando tiven o pracer de coñecer ao autor   da estatua que lembra a figura de Frei Rosendo Salvado, nun acto que se celebrou precisamente na cidade tudense. En concreto, o luns 4 de xuño, mentres cubría a noticia da homenaxe na memoria do bispo Rosendo Salvado, coa presenza –entre outros- do embaixador de Australia en España, Noel Campbell e o alcalde de Tui, Antonio Feliciano Fernández Rocha.

Dito evento estivera promovido polo colectivo Australia-Spain Business Association –ASBA Galicia, liderado por Barry-Francis McGinlay e o seu obxectivo prioritario era estimular as relacións entre Galicia e Australia.


Guiados así mesmo polo cóengo Avelino Bouzón percorremos xuntos lugares ligados a Frei Rosendo, como foi a súa casa natal, na rúa que leva o seu nome ou tamén a propia catedral de Tui. Un dato curioso é que Rosendo Salvado ven sendo oriundo -por parte de pai- da parroquia de San Bartolomeu das Eiras (O Rosal-Pontevedra).

O colofón desta homenaxe, sen dúbida, foi o descubrimento -a cargo do embaixador australiano- dunha praca na escultura de Quinteiro Alonso que rezaba: “EN GRATITUDE AO TUDENSE FREI ROSENDO SALVADO POLO TRABALLO APOSTÓLICO E O INMENSO LABOR REALIZADO COS ABORIXES AUSTRALIANOS NO CLX ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DE NOVA NURSIA”.

Alí presente, e atento a canto se dicía e facía, estivo o escultor, debuxante e pintor de Ponteareas, Alfonso Quinteiro Alonso (1924-2009), ilustre deseñador das alfombras florais do Corpus Christi da vila e aínda pregoeiro da Festa de 2007.


A figura de Rosendo Salvado está realizada en bronce, sobre un pedestal de granito, completándose o conxunto cuns cisnes e unha muller aborixe amosando unha cruz ao seu fillo, ademais de varias conchas de vieiras en forma de recipiente, rodeados dun fermoso e axardinado estanque.

En maio cumpríronse, pois, seis anos do falecemento de Quinteiro Alonso, pero a súa obra, e en concreto a monumental estatua a Frei Rosendo Salvado, serán, sen dúbida, eternas.

Autoría das imaxes:
Foto 1 e 2: extraídas da páxina web de Alfonso Quinteiro Alonso.
Fotos 3, 4 e 5: Juan Ramón Martínez Barbosa.

BIBLIOGRAFÍA:
Exemplares de Faro de Vigo e La Voz de Galicia.
FREIRÍA, Eduardo. Monumento a Dom Rosendo Salvado. Patrimoniogalego.net.
IGLESIAS ALMEIDA, Ernesto. Xenealoxía do Bispo Salvado. Exposición Frei Rosendo Salvado (1814-1900). O Bispo dos Sen Alma. Tui, 2001.
SÁNCHEZ BARGIELA, Rafael. Lembranzas de Alfonso Quinteiro Alonso. Blog Tudensia,1 de xuño de 2009.
QUINTEIRO ALONSO, Juan José. Web de Alfonso Quinteiro Alonso. Dibujante, escultor, pintor y maestro. 2009.


Ponteareas defende e difunde o seu patrimonio


Información e fotografías: Concello de Ponteareas

O venres 29 de maio fun convidado polo Concello de Ponteareas ao II Encontro de escritores en lingua galega de temática ponteareá, baixo o lema “A importancia de difundir o local”, que se celebrou no Salón de sesións municipal.

Ademais o convite foi extensivo á presentación da revista internacional Pregón da que colaborei literariamente co artigo titulado "Un ponteareán, autor do monumento a Frei Rosendo Salvado", dedicado ao mestre escultor Alfonso Quinteiro Alonso.



Segundo se pode ler na súa web: "Foi unha xuntanza na que se tratou a importancia que ten para a cultura local a súa divulgación escrita e no que participaron os escritores Clodio González Pérez, Anxo Serafín Porto Ucha, Xoán Martínez Tamuxe, Estanislao Fernández de la Cigoña, Antonio José Groba Diéguez e Sofía Rodríguez Suárez". 


Intervención do escritor rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe

Andrés Sampedro Fernández, concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, "actuou como moderador do debate". O encontro tamén serviu "para brindar unha homenaxe, a título póstumo, a Maruja Pino Piñeiro polo seu seu labor como escritora e divulgadora da nosa cultura, costumes e tradicións".



Un acto moi emotivo -seguimos lendo- que "contou coa presenza da súa filla, Margot, quen recibiu un diploma e unha medalla de parte dos escritores, ademais dun agasallo de mans do alcalde, Salvador González Solla, en nome do Concello". 



Posteriormente, o mesmo salón foi testemuña da presentación da revista Pregón, publicación do Concello de Ponteareas, "que recolle ano tras ano artigos referentes ao Corpus, convertíndose nunha referencia escrita e visual de todas as alfombras confeccionadas o ano anterior e que ten unha ampla difusión non só en Galicia e España, senón tamén alén das nosas fronteiras, como en Uruguai, Arxentina, Cuba, Venezuela, México, etc, onde os nosos ponteareáns que están fóra a gardan ano tras ano como un prezado tesouro". 



O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, sinalou a "importancia de escribir e investigar sobre a cultura local". O edil definiu a revista Pregón, ou Revista da Festa do Corpus Christi de Ponteareas, como "unha publicación importantísima para o espallamento da nosa festa do Corpus e, asemade, unha excelente canle de difusión onde estudosos de renome poden plasmar as súas investigacións sobre o Corpus, Ponteareas e a súa comarca, contribuíndo, pois, á difusión de todo tipo de estudos de temática local".

lunes, 16 de junio de 2014

Lectura do pregón do Corpus de Ponteareas 2014

Solla e Sampedro flanquean a Bargiela. Foto: Concello de Ponteareas

Este sábado 14 de xuño asistín, na compaña do escritor Xoán Martínez Tamuxe, ao acto de lectura do pregón das Festas do Corpus Christi de Ponteareas 2014, que tivo lugar no Auditorio Reveriano Soutullo.



Rafael Sánchez Bargiela, director-xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e compañeiro noso do Instituto de Estudos Tudenses, foi o pregoeiro deste ano, facendo un percorrido "polos feitos que foron decisivos para esta Festa".



Coa presenza -entre outros- do alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, tamén se homenaxeou a figura do fotógrafo José Guillermo Souto, realizándose unha exposición baixo o título "Historia viva de un fotógrafo de calle".


A Festa do Corpus Christi de Ponteareas, que está declarada Festa de Interese Turístico Internacional, contará con multitude de actividades culturais e de lecer ata o luns 23 de xuño.

viernes, 6 de junio de 2014

Bargiela, pregoeiro do Corpus de Ponteareas


      Nunha intervención en RMT, con José Font, Suso Vila, Tamuxe e Rafael S. Bargiela. (Foto: Nuria Patiño)

Segundo me acaban de comunicar dende a Concellaría de Cultura de Ponteareas, o Corpus Christi 2014 terá como pregoeiro ao amigo e compañeiro do IET, Rafael Sánchez  Bargiela. A lectura do pregón, será, pois, o sábado 14 de xuño, ás 21:30 horas, no Auditorio Reveriano Soutullo. 

Velaquí vos deixo a nota de prensa oficial:

"Natural de Tui, onde nace en 1961, é o actual director-xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.

A súa relación co Concello de Ponteareas comeza no ano 1990 cando entra a formar parte como director do Museo, Biblioteca e Arquivo Municipal, ata  marzo de  2006, que se incorpora ao de Tui como Técnico medio de Arquivo, Museo e Biblioteca, ata o seu recente nomeamento como director-xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.


Bargiela, no "VIII Congreso Internacional de Molinología, Tui, 2012"

Durante os anos que desenvolve o seu labor en Ponteareas, foi promotor de diversos proxectos culturais sobre a nosa vila e comarca, en xeral, e sobre o Corpus, en particular. Así, foi impulsor do Museo Municipal e do Centro de Recuperación de Cultura Popular, actualmente situado no Castelo de Sobroso; da Rede de Bibliotecas Municipais; da revista Pregón; do Soberosum, ou dos últimos números de Lonxe da terriña.

Historiador e investigador sobre temas ponteareáns e a súa comarca, publicou importantes estudos como “100 años de luz eléctrica en Puenteareas”; “Percorrido pola historia de Ponteareas, imaxes do século XX nas coleccións do Museo Municipal de Ponteareas”, entre outros.


Bargiela, primeiro pola esquerda, nunha reunión do Instituto de Estudios Tudenses

O Corpus Christi ponteareán foi un dos temas máis estudados por Rafael Sánchez Bargiela, sendo moitos os  artigos publicados en revistas de carácter científico, desenvolvendo un labor divulgativo moi importante para o coñecemento da nosa festa máis emblemática. Moitos deles foron publicados na revista de difusión do Corpus Christi “Pregón”. Pódense citar, entre outros, “La fiesta del Corpus Christi en Puenteareas (su origen y evolución)”, en colaboración con Moné Fernández;  “Precedentes de la fiesta del Corpus Christi en Ponteareas”, en colaboración con Moné Fernández; “Los comienzos de las alfombras de flores”, en colaboración con Moné Fernández;“Penlas no Corpus de Ponteareas”; “A beleza das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas” ou “As alfombras de flores xa existían no ano 1857”, entre outros.

O seu coñecemento sobre o Corpus Christi ponteareán faino merecedor de representar o Concello de Ponteareas en diversos congresos internacionais de arte efémera, con comunicacións como “La fiesta de Corpus Christi en Ponteareas” en La Orotava (Tenerife) ou “La fiesta del Corpus Christi en Ponteareas: un patrimonio cultural” no III Congreso Internacional de Arte Efémera, celebrado en Ponteareas no ano 2010. Ademais,  o seu coñecemento e labor difusor das nosas tradicións, lévao a colaborar en programas de divulgación histórica en diferentes medios de comunicación".