Mostrando entradas con la etiqueta Faro de Vigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Faro de Vigo. Mostrar todas las entradas
domingo, 11 de octubre de 2015
domingo, octubre 11, 2015
Unknown
Entrevista a Xoán M. Tamuxe no Faro de Vigo
O xornal Faro de Vigo, diario decano da prensa nacional, publica hoxe, domingo 11 de outubro, unha entrevista ao meu pai, o escritor Xoán Martínez Tamuxe, tanto na súa edición dixital como na impresa.
Asinada pola correspondente do Baixo Miño, Eva González, e con fotografía da miña autoría, a noticia do recoñecemento que mañá o Concello do Rosal lle tributará na XXVIII Festa do Cabaqueiro é a principal da Comarca.
lunes, 1 de junio de 2015
lunes, junio 01, 2015
Unknown
A obra eterna de Alfonso Quinteiro Alonso
Velaquí vos deixo íntegro o meu último artigo, titulado Un ponteareán, autor do monumento a Frei Rosendo Salvado, publicado na revista Pregón, presentada hai uns días en Ponteareas (Pontevedra):
O pasado ano conmemorouse na diócese de Tui-Vigo o bicentenario
do nacemento de Frei Rosendo Salvado y Rotea (Tui, 1814 – Roma, 1900),
misioneiro benedictino, abade e bispo de Nova Nursia (Australia), gran defensor
dos dereitos dos aborixes australianos e unha das personalidades galegas máis
destacadas do pasado século XIX.
Aproveitando esta sinalada efeméride, é xusto lembrar que
a monumental escultura dedicada ao Pai Salvado, na Praza da Inmaculada, en Tui,
de máis de cinco metros de altura e dous anos de traballo, foi realizada polo
mestre pontareán, Alfonso Quinteiro Alonso. Esta obra, promovida por suscrición
nacional en 1946, foi inaugurada tres anos máis tarde.
Non foi ata o ano 2007 cando tiven o pracer de coñecer ao
autor da estatua que lembra a figura de
Frei Rosendo Salvado, nun acto que se celebrou precisamente na cidade tudense.
En concreto, o luns 4 de xuño, mentres cubría a noticia da homenaxe na memoria
do bispo Rosendo Salvado, coa presenza –entre outros- do embaixador de
Australia en España, Noel Campbell e o alcalde de Tui, Antonio Feliciano
Fernández Rocha.
Dito evento estivera promovido polo colectivo
Australia-Spain Business Association –ASBA Galicia, liderado por Barry-Francis
McGinlay e o seu obxectivo prioritario era estimular as relacións entre Galicia
e Australia.
Guiados así mesmo polo cóengo Avelino Bouzón percorremos
xuntos lugares ligados a Frei Rosendo, como foi a súa casa natal, na rúa que
leva o seu nome ou tamén a propia catedral de Tui. Un dato curioso é que
Rosendo Salvado ven sendo oriundo -por parte de pai- da parroquia de San
Bartolomeu das Eiras (O Rosal-Pontevedra).
O colofón desta homenaxe, sen dúbida, foi o descubrimento
-a cargo do embaixador australiano- dunha praca na escultura de Quinteiro
Alonso que rezaba: “EN GRATITUDE
AO TUDENSE FREI ROSENDO SALVADO POLO TRABALLO APOSTÓLICO E O INMENSO LABOR
REALIZADO COS ABORIXES AUSTRALIANOS NO CLX ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DE NOVA NURSIA”.
Alí presente, e atento a canto se dicía e facía, estivo o
escultor, debuxante e pintor de Ponteareas, Alfonso Quinteiro Alonso
(1924-2009), ilustre deseñador das alfombras florais do Corpus Christi da vila
e aínda pregoeiro da Festa de 2007.
A figura de Rosendo Salvado está realizada en bronce,
sobre un pedestal de granito, completándose o conxunto cuns cisnes e unha
muller aborixe amosando unha cruz ao seu fillo, ademais de varias conchas de
vieiras en forma de recipiente, rodeados dun fermoso e axardinado estanque.
En maio cumpríronse, pois, seis anos do falecemento de
Quinteiro Alonso, pero a súa obra, e en concreto a monumental estatua a Frei
Rosendo Salvado, serán, sen dúbida, eternas.
Autoría das imaxes:
Foto 1 e 2: extraídas da páxina web de Alfonso Quinteiro
Alonso.
Fotos 3, 4 e 5: Juan Ramón Martínez Barbosa.
BIBLIOGRAFÍA:
Exemplares de Faro
de Vigo e La Voz de Galicia.
FREIRÍA, Eduardo. Monumento
a Dom Rosendo Salvado. Patrimoniogalego.net.
IGLESIAS ALMEIDA, Ernesto. Xenealoxía do Bispo Salvado. Exposición Frei Rosendo Salvado
(1814-1900). O Bispo dos Sen Alma. Tui, 2001.
SÁNCHEZ
BARGIELA, Rafael. Lembranzas de Alfonso
Quinteiro Alonso. Blog Tudensia,1
de xuño de 2009.
QUINTEIRO
ALONSO, Juan José. Web de Alfonso
Quinteiro Alonso. Dibujante, escultor, pintor y maestro. 2009.
domingo, 15 de febrero de 2015
domingo, febrero 15, 2015
Unknown
Novas fotografías publicadas no Atlántico Diario
Esta fin de semana, con motivo das Festas de Entroido 2015, colaborei de novo -coa publicación de varias das miñas fotografías- en diferentes medios de comunicación, tales como os xornais Faro de Vigo (no venres 13, especial Entre Ríos) ou no Atlántico Diario.
Velaquí vos deixo dúas imaxes que saíron o sábado 14 de febreiro na edición impresa deste último, acompañando ao artigo titulado "Corrida do Galo" en Fornelos.
Toda a información das Festas nesta entrada de Noticias O Rosal.
Toda a información das Festas nesta entrada de Noticias O Rosal.
viernes, 8 de noviembre de 2013
viernes, noviembre 08, 2013
Unknown
ARTIGO NO "ENTRE RÍOS", DE FARO DE VIGO, SOBRE A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2013
Hoxe, venres 8 de novembro, pódese ler unha crónica sobre a Romaría de San Martiño, na edición impresa do xornal Faro de Vigo, en concreto no "Entre Ríos. Baixo Miño/Louriña. Suplemento de Sociedad, Cultura, Ocio y Turismo".
Dito artigo, que conta con tres imaxes da miña autoría (unha das cales tamén é portada do propio suplemento) está firmado por Cecilia Albarenga, con datos e información histórica aportados por min, nunha nova colaboración que realizo para o diario decano da prensa nacional.
Baixo os títulos "San Martiño, una romería muy especial" e "Cientos de romeros de O Rosal, a la procura de la bendición de San Martiño", anúnciase a festa que terá lugar o domingo 10 deste mes de novembro.
lunes, 2 de septiembre de 2013
lunes, septiembre 02, 2013
Unknown
DECLARACIÓNS EN TELECINCO E NO XORNAL FARO DE VIGO SOBRE O INCENDIO DO ROSAL
Hoxe, luns 2 de setembro, fai exactamente unha semana dende que se produciu un dos incendios máis devastadores que sufriu en anos a nosa comarca do Baixo Miño.
Diferentes medios de comunicación puxéronse en contacto comigo para coñecer a miña opinión ao respecto e para que valorase as consecuencias do lume, máxime no Rosal e no conxunto histórico-etnográfico dos muíños do Folón e Picón.
Pois ben, velaquí vos deixo -entre outros- o enlace ás declaracións realizadas para Mediaset España Comunicación, en concreto para a canle de televisión Telecinco, emitidas no Informativo Fin de Semana, que presenta José Ribagorda.
Igualmente, a ligazón á noticia publicada no diario decano da prensa nacional, Faro de Vigo, na sección de Galicia, entrevistado polo xornalista Diego Vázquez.
Sen dúbida unha verdadeira mágoa ter que falar da nosa vila e dos nosos muíños non por causas boas, pero é o que hai e grazas a algún "intelixente" temos que resignarnos.
Como xa teño dito en varias ocasións, agora o que simplemente pido é moito ánimo, que por favor estemos unidos e que todos colaboremos para volver a recuperar este PARAÍSO.
Unha forte aperta.
viernes, 9 de agosto de 2013
viernes, agosto 09, 2013
Unknown
UN ARTIGO MEU SOBRE OS MUÍÑOS DO FOLÓN, PUBLICADO HOXE NO FARO DE VIGO
Hoxe, venres 9 de agosto, pódese ler no Faro de Vigo, no suplemento de sociedade, cultura, ocio e turismo "Entre Ríos" (Baixo Miño/Louriña) un artigo a toda páxina da miña autoría que tamén é portada principal desta publicación mensual.
O tema elixido nesta ocasión, o reclamo turístico que supón para O Rosal o complexo histórico-etnográfico dos 67 muíños hidráulicos do Folón-Picón.
Dende aquí, o meu sincero agradecemento ao xornal Faro de Vigo e en especial á miña activa compañeira xornalista Eva González.



















.bmp)







