viernes, 8 de noviembre de 2013

ARTIGO NO "ENTRE RÍOS", DE FARO DE VIGO, SOBRE A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2013



Hoxe, venres 8 de novembro, pódese ler unha crónica sobre a Romaría de San Martiño, na edición impresa do xornal Faro de Vigo, en concreto no "Entre Ríos. Baixo Miño/Louriña. Suplemento de Sociedad, Cultura, Ocio y Turismo".


Dito artigo, que conta con tres imaxes da miña autoría (unha das cales tamén é portada do propio suplemento) está firmado por Cecilia Albarenga, con datos e información histórica aportados por min, nunha nova colaboración que realizo para o diario decano da prensa nacional.

Baixo os títulos "San Martiño, una romería muy especial" e "Cientos de romeros de O Rosal, a la procura de la bendición de San Martiño", anúnciase a festa que terá lugar o domingo 10 deste mes de novembro.