Mostrando entradas con la etiqueta Romaría de San Martiño (O Rosal). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Romaría de San Martiño (O Rosal). Mostrar todas las entradas
jueves, 29 de octubre de 2015
jueves, octubre 29, 2015
Unknown
A Romaría de San Martiño, o día 15 de novembro
O vindeiro domingo 15 de novembro celebrarase na vila do Rosal a tradicional Romaría de San Martiño. En caso de que o tempo non acompañara, os actos trasladaríanse ao domingo día 22.
A saída do Santo en procesión dende a Praza do Calvario ata a súa ermida, está prevista para as 10:30 horas. A Misa Solemne campestre con sermón oficiarase ás 12:00 horas.
A romaría estará animada polo grupo de gaitas Albariños de O Rosal.
P.D.: O mércores 11 de novembro, día propio de San Martiño, celebrarase unha Misa na súa honra na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal.
martes, 4 de noviembre de 2014
martes, noviembre 04, 2014
Unknown
Achégase a Romaría de San Martiño (O Rosal)
Desta vez -por fin- parece ser que o tempo acompañará, así que a Romaría de San Martiño 2014 celebrarase este domingo 30 de novembro.
A saída do Santo en procesión ata a súa ermida, como todos os anos, será dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ás 10:30 horas.
Xa ás 12 da mañá, nas inmediacións da ermida de San Martiño, celebrarase unha Misa Solemne con sermón, cantada polo Coro Ecos do Folón.
Como é tradicional a romaría estará animada polo grupo de gaitas ALBARIÑOS de O Rosal.
NOTA: O propio día de San Martiño, o martes 11 de novembro, ás 18:30 horas, houbo unha misa na honra do santo na igrexa parroquial do Rosal.
Esta foi a miña reportaxe fotográfica na Romaría de San Martiño do pasado ano 2013.
lunes, 18 de noviembre de 2013
lunes, noviembre 18, 2013
Unknown
REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA ROMARÍA DE SAN MARTIÑO (O ROSAL-PONTEVEDRA)
Sen máis, velaquí vos deixo a reportaxe fotográfica completa (preto das 400 imaxes) da tradicional Romaría de San Martiño que se celebrou o pasado sábado 10 de novembro no Rosal. Esta celebración relixiosa se remonta, cando menos, ao século XVIII.
A modo de curiosidade, dicir que é unha das poucas romarías tradicionais que aínda perduran na comarca do Baixo Miño e que seguen o ritual de costume, xa que na saída e chegada do Santo á igrexa parroquial, faise repique de campás, con lanzamento de fogos ou mesmo con acompañamento musical durante todo o traxecto.
Este ano, polo que mirei, pouca "actividade" en canto a ofrendas (tellas, cera e aceite) a San Martiño (avogado das espullas). Tan só observei unha tella -que ten que ser roubada*-, no propio interior da capela, da que por suposto, hai imaxe no álbum que hoxe se publica.
Este ano, polo que mirei, pouca "actividade" en canto a ofrendas (tellas, cera e aceite) a San Martiño (avogado das espullas). Tan só observei unha tella -que ten que ser roubada*-, no propio interior da capela, da que por suposto, hai imaxe no álbum que hoxe se publica.
Lembrar por último, que a capela de San Martiño data do século XVI e pertenceu aos monxes de Santa María a Real de Oia.
*A ofrenda de tellas é lenda ou tradición. As tellas se ofrecen a San Martiño, que boa falta lle fan á capela no alto do monte,
exposta a ventos, choiva, neve... As tellas deben ser roubadas, para que teñan
máis valor. Contan
que cando as tellas se rompían polo camiño, cousa moi frecuente, roubábanse nos
tellados dos muíños.
miércoles, 13 de noviembre de 2013
miércoles, noviembre 13, 2013
Unknown
PROGRAMA COMPLETO DO "ESPECIAL SAN MARTIÑO" (TVG), COA ROMARÍA DO ROSAL
O luns 11 de novembro, emitiuse na Televisión de Galicia o "Especial San Martiño" con imaxes gravadas no Rosal da nosa tradicional Romaría, dende a igrexa parroquial de Santa Mariña ata a capela do santo, no Campo do Couto.
A reporteira Alicia Lombán Pazos e un cámara da TVG percorreron todo o camiño (uns 12 km en total, ida e volta) e falaron con multitude de veciños/as.
A canle autonómica tamén estivo en Arbo, Folgoso do Courel, Vigo, Moaña, Ourense, etc., con este resultado final:
lunes, 11 de noviembre de 2013
lunes, noviembre 11, 2013
Unknown
A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO (O ROSAL), HOXE, NA TELEVISIÓN DE GALICIA (TVG)
A romaría de San Martiño, que se celebrou onte domingo, con saída dende a igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal ata a capela do santo, no Campo do Couto, será protagonista hoxe, luns 11 de novembro, no "Especial San Martiño" que emite a Televisión de Galicia ás 23:30 horas.
Tal e como se anuncia dende A Galega, "Arbo, Folgoso do Courel, O Rosal, Esgos, Moaña e Ourense serán algúns dos destinos dun espazo dedicado a unha das festas galegas máis asentadas".
sábado, 9 de noviembre de 2013
sábado, noviembre 09, 2013
Unknown
HOXE, ENTREVISTA EN "LA VOZ DE GALICIA"
O xornal La Voz de Galicia publica hoxe, 9 de novembro, unha entrevista que me realizaron esta semana con motivo da edición dun especial para anunciar a celebración da romaría de San Martiño (O Rosal) mañá, domingo (se non chove).
A crónica, que está asinada por Mónica Torres, leva por título "O Rosal espera su secular romería de San Martiño". Así mesmo, destácase que "la tradicional peregrinación se remonta al siglo XVIII y congrega a todas las familias de la zona para almorzar en la explanada del Campo do Couto".
Este especial artigo está ilustrado con dúas imaxes do meu arquivo fotográfico, unha da procesión do ano 1975 e outra máis recente, do 2001.
Dende aquí, o meu sincero agradecemento e recoñecemento para Sofía Pérez Fernández, do Departamento de Publicidade de La Voz de Galicia.
A tradicional Romaría de San Martiño terá lugar o vindeiro domingo 10 de novembro*, con saída do santo en procesión (10:30 h.) dende a igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal ata a súa ermida.
Ás 12:00 horas se oficiará ao aire libre unha misa solemne con sermón, cantada polo Coro Ecos do Folón.
A romaría estará, como sempre, animada polo Grupo de Gaitas Albariños de O Rosal.
Unha vez se produza a baixada do Santo, alá polas 18:30 - 19 horas, comezarán os festexos na Praza de Fornelos, organizados pola Asociación de Veciños Río Folón que preside Manuel González Gómez. Haberá un magosto, chourizos, pan e viño amenizado polos grupos musicais Airiños do Folón e Os Tarteiras do Rosal.
Ao día seguinte, luns 11 de novembro, día propio de San Martiño, celebrarase unha misa na súa honra na igrexa parroquial.
*Se o tempo non acompañara, os actos e a romaría trasladaríanse ao domingo 17 de novembro.
viernes, 8 de noviembre de 2013
viernes, noviembre 08, 2013
Unknown
ARTIGO NO "ENTRE RÍOS", DE FARO DE VIGO, SOBRE A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2013
Hoxe, venres 8 de novembro, pódese ler unha crónica sobre a Romaría de San Martiño, na edición impresa do xornal Faro de Vigo, en concreto no "Entre Ríos. Baixo Miño/Louriña. Suplemento de Sociedad, Cultura, Ocio y Turismo".
Dito artigo, que conta con tres imaxes da miña autoría (unha das cales tamén é portada do propio suplemento) está firmado por Cecilia Albarenga, con datos e información histórica aportados por min, nunha nova colaboración que realizo para o diario decano da prensa nacional.
Baixo os títulos "San Martiño, una romería muy especial" e "Cientos de romeros de O Rosal, a la procura de la bendición de San Martiño", anúnciase a festa que terá lugar o domingo 10 deste mes de novembro.
jueves, 7 de noviembre de 2013
jueves, noviembre 07, 2013
Unknown
O CONXUNTO HISTÓRICO-ETNOGRÁFICO DOS MUÍÑOS DO FOLÓN-PICÓN, ÚNICO NO MUNDO
Se ben a zona está bastante afectada polo lume, teño que confesar que, a simple vista, me esperaba que fose moito peor (refírome ás inmediacións máis próximas destes enxeños hidráulicos e ao sendeiro en si). De todas maneiras, claro está, tardaranse anos -e décadas- en que toda a contorna volva a ser "como antes".
O impacto na natureza, evidentemente, foi brutal. Está nas nosas mans axudar e colaborar para que unha desgraza desta magnitude non se volva xamais a repetir.
É a nosa obriga polo tanto, concienciar aos propios veciños, adultos e nenos/as, -así como aos potenciais visitantes- da importancia de salvagardar o noso fermoso e rico patrimonio natural/cultural.
Pola miña parte póñome á disposición de calquera persoa, institución ou entidade que avogue pola defensa dos máis famosos artefactos hidráulicos do mundo. ¿Do mundo?
Pois si, efectivamente, o conxunto dos muíños do Folón e Picón é único: pola súa singular cantidade (67 enxeños), polo seu excepcional emprazamento e pola súa orixinal e novidosa canalización da auga.
Proba disto foi a intervención cunha ponencia de Xoán Martínez Tamuxe (coautor comigo do libro Os Muíños do Folón e do Picón na Vila do Rosal. Conxunto Histórico-Etnográfico de Galicia) o pasado 2012 no "VIII Congreso Internacional de Molinología". Alí reuníronse os maiores especialistas do tema a nivel mundial e ante as diferentes cuestións formuladas por Tamuxe, houbo unanimidade na resposta: "Efectivamente, los molinos de Folón y Picón en O Rosal (Pontevedra-Galicia) son exclusivos e incomparables".
¡Ata a próxima. Se non chove esta fin de semana, vémonos na tradicional Romaría de San Martiño. Graciñas a todos/as. Bicos e apertas!
viernes, 25 de octubre de 2013
viernes, octubre 25, 2013
Unknown
A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO CELÉBRASE EN O ROSAL O DOMINGO DÍA 10 DE NOVEMBRO
A tradicional Romaría de San Martiño terá lugar o vindeiro domingo 10 de novembro*, con saída do santo en procesión (10:30 h.) dende a igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal ata a súa ermida.
Ás 12:00 horas se oficiará ao aire libre unha misa solemne con sermón, cantada polo Coro Ecos do Folón.
A romaría estará, como sempre, animada polo Grupo de Gaitas Albariños de O Rosal.
Ao día seguinte, luns 11 de novembro, día propio de San Martiño, celebrarase unha misa na súa honra na igrexa parroquial.
*Se o tempo non acompañara, os actos e a romaría trasladaríanse ao domingo 17 de novembro.



















.bmp)





.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
