Sen máis, velaquí vos deixo a reportaxe fotográfica completa (preto das 400 imaxes) da tradicional Romaría de San Martiño que se celebrou o pasado sábado 10 de novembro no Rosal. Esta celebración relixiosa se remonta, cando menos, ao século XVIII.
A modo de curiosidade, dicir que é unha das poucas romarías tradicionais que aínda perduran na comarca do Baixo Miño e que seguen o ritual de costume, xa que na saída e chegada do Santo á igrexa parroquial, faise repique de campás, con lanzamento de fogos ou mesmo con acompañamento musical durante todo o traxecto.
Este ano, polo que mirei, pouca "actividade" en canto a ofrendas (tellas, cera e aceite) a San Martiño (avogado das espullas). Tan só observei unha tella -que ten que ser roubada*-, no propio interior da capela, da que por suposto, hai imaxe no álbum que hoxe se publica.

Lembrar por último, que a capela de San Martiño data do século XVI e pertenceu aos monxes de Santa María a Real de Oia.
*A ofrenda de tellas é lenda ou tradición. As tellas se ofrecen a San Martiño, que boa falta lle fan á capela no alto do monte,
exposta a ventos, choiva, neve... As tellas deben ser roubadas, para que teñan
máis valor. Contan
que cando as tellas se rompían polo camiño, cousa moi frecuente, roubábanse nos
tellados dos muíños.