Mostrando entradas con la etiqueta Club Ciclista O Rosal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club Ciclista O Rosal. Mostrar todas las entradas
jueves, 7 de enero de 2016
jueves, enero 07, 2016
Unknown
Mario F. e Zaida G., Subcampións de Galicia
O Club Ciclista O Rosal volve a estar de noraboa, xa que os seus corredores Mario Fernández e Zaida González veñen de proclamarse esta fin de semana Subcampións da Copa Galicia de Ciclocross tras subir ao podium en Maceda (Ourense), ambos no 3º posto.
Remataba así o Calendario Galego de Ciclocross, tamén con outro podium para Diego Santomé e un 5º posto para Iago Álvarez.
Na categoría Júnior, como se pode ler na web do CC.O Rosal, "tanto Xoel Villa como Ero Sobrino acadaban os seus mellores resultados da tempada ao rematar 7º e 9º respectivamente".
"Unha vez rematada a tempada galega de Ciclocróss xa tan só queda a derradeira proba da Taça de Portugal e os Campionatos de España que se disputan a vindeira fin de semana, campionatos aos que tanto Mario como Zaida van acudir seleccionados coa Selección Galega".
miércoles, 6 de enero de 2016
miércoles, enero 06, 2016
Unknown
Graciñas a todos/as por este histórico ano 2015
Non podo máis que agradecer inmensamente a todos/as a confianza que depositáchedes en min este ano 2015. Agardo que sigades nesta "fantástica liña" en 2016 (jeje).
En serio, graciñas de corazón a todas as entidades, tanto públicas como privadas, que contáchedes comigo para presentar eventos, guiar andainas e rutas, ofrecer explicacións, escribir discursos, elaborar artigos, etc.
Especial recoñecemento, dende aquí, ao concello do Rosal, ao de Ponteareas, A Guarda e Oia, ao Club Ciclista O Rosal, ao Acanor Atlético Novás, a Luis Paz e Fáunicas, a Sergio Trinta e o Seixiños, á AELG, a Bluscus, á Experiencia Ecotur e Uniminho, etc, etc.
Este ano foi un "non parar" -con viaxe dun mes por Canadá e EEUU incluída- pero orgulloso de traballar e dar o máximo pola miña vila do Rosal, polos meus veciños da "Comarca" e polos meus paisanos de Galicia. Aínda que tiven que sacrificar moito tempo de lecer persoal, confésovos que, por suposto, ¡valeu a pena!
Aproveito dende aquí, xa que moitos me preguntáchedes, que precisamente, despois de 3 anos como autónomo, dende o pasado 2015 traballo e facturo como "freelance" (profesional por conta propia do mundo audiovisual, da comunicación e da cultura).
¡Que pasedes un Feliz 2016, moita saúde e para o que precisedes, aquí estou á vosa disposición! ¡Bicos e apertas para todos/as!
lunes, 4 de enero de 2016
lunes, enero 04, 2016
Unknown
A II San Silvestre O Rosal despediu o ano 2015
Fotografías: Jacinto Domínguez (Infomiño) // Xoán M. Tamuxe (Noticias O Rosal)
O xoves 31 de decembro, último día do 2015, celebrouse a II Carreira Popular San Silvestre O Rosal, organizada polo Concello coa colaboración do comercio da vila, así como do Club Ciclista e diferentes voluntarios.
A esta actividade deportiva -non competitiva- máis ben de "xuntanza familiar", concorreron ao igual que a primeira edición, máis de 300 participantes, na súa maioría veciños da nosa zona baixomiñota.
Dende aquí o meu agradecemento á organización do evento por volver a contar comigo para a presentación e narración das probas deportivas e do sorteo de agasallos, que tiveron lugar na céntrica Praza do Calvario.
jueves, 25 de junio de 2015
jueves, junio 25, 2015
Unknown
Ascenso, programa deportivo para o Baixo Miño
Velaquí vos deixo o vídeo do primeiro programa de "Ascenso" (produción de Miño Films TV), que se emitiu o pasado venres 19 de xuño, en directo, dende O Rosal (Pontevedra).
O meu agradecemento aos deportistas entrevistados (Gabriel Marcelli, campión de España de Trial e José María Marcelli, así como a Paulo Dacosta, xogador de balonmán do Cangas de Asobal). Por suposto, graciñas tamén a todos os que colaboraron para que se puidera levar a cabo este proxecto, en especial, como non, ao polifacético colega, Cristóbal Coímbra.
É o 1º programa, o "piloto", pero está claro que necesitamos un patrocinador que polo menos nos cubra os gastos.
Se tes unha empresa ou sabes de alguén que queira invertir en publicidade neste proxecto, falamos sen compromiso. A nosa ilusión é poder realizar moitas máis emisións, entrevistas e reportaxes para dar voz e imaxe ás noticias máis destacadas do deporte, cando menos, no Baixo Miño. Para máis información, non dubides en escribirnos a: minhofilms@gmail.com
¡Graciñas e saúdos!
martes, 7 de abril de 2015
martes, abril 07, 2015
Unknown
O "ata logo" de Raúl ao club da súa vida
Fotografías: Roi González Villa // Club Ciclista O Rosal // X.M.T.
Como comentara na entrada anterior, o pasado sábado 4 de abril tiven o pracer e a honra de presentar no Auditorio do Rosal a plantilla de corredores, técnicos e directiva que forman o Club Ciclista da vila esta tempada 2015.
Club Ciclista O Rosal
PLANTILLA 2015
Dirixentes
Gerardo
|
Álvarez Martínez
|
Presidente
|
Dir. Regional I
|
Juan Ramón
|
Villa Castro
|
Secretario
|
Monitor
|
José Carlos
|
Fernández Martínez
|
Tesoureiro
|
Monitor
|
Ángel
|
González González
|
Vocal
| |
Jenaro
|
González Estevez
|
Vocal
|
Monitor
|
Juan Carlos
|
Rodríguez Vidal
|
Vocal
|
Monitor
|
Eduardo
|
Sobrino Lomba
|
Vocal
| |
José Luís
|
Martínez Dominguez
|
Vocal
|
- Directores Deportivos
José María
|
Álvarez Fajar
|
Dir. Nacional
|
Paula
|
Lomba Rodríguez
|
Dir. Regional II
|
JUNIOR
| |
Adrián
|
Santomé Perez
|
Ero
|
Sobrino Dorado
|
Xoel
|
Villa Rodríguez
|
Zaida
|
González Martínez
|
CADETE
| |
Francisco
|
Méndez Dias
|
Manuel
|
Dorna Rodríguez
|
María
|
Correa Rubio
|
INFANTIL
| |
David
|
Fletcher
|
Iago
|
Álvarez Lomba
|
Irea
|
Villa Rodríguez
|
Mario
|
Fernández Lorenzo
|
ALEVÍN
| |
Adrian
|
Alonso Domínguez
|
David
|
Rodríguez Alvarez
|
Luís
|
Mendez Días
|
Laura
|
Teniente Pena
|
Sergio
|
Vicente Fernández
|
Yasir
|
Martínez Silva
|
PRINCIPIANTE
| |
David
|
Carnero Taveira
|
David
|
Vicente Fernández
|
Iker
|
Rodríguez Lomba
|
Pablo
|
Rodríguez Otero
|
Rubén
|
Carnero Taveira
|
Un dos momentos máis emocionantes foi sen dúbida, a intervención do presidente Gerardo Álvarez dando lectura ás actuacións máis destacadas e aos méritos deportivos conseguidos polo ciclista Raúl Fernández Lorenzo.
Raúl, que tras anos defendendo as cores rosaleiras, foi fichado polo GD Froiz, foi homenaxeado coa presenza no escenario do seu laureado compañeiro e amigo, o ciclista Antonio Portela.
O concelleiro de Deportes, Pablo Flores e o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela arrouparon xunto cos integrantes do club a entrega a Raúl dunha praca de recoñecemento e lembranza por toda unha vida no Club Ciclista O Rosal.
Raúl Fernández, nun emocionante discurso, pronunciou un sentido "ata logo" ao club, agradecendo tantos anos compartidos.
Dende aquí, aproveito eu tamén para novamente dar as grazas ao meu "tocaio" Juan Ramón Villa, secretario do C.C.O Rosal, pola súa deferencia comigo.
¡Moitos éxitos e longa vida para o Club Ciclista O Rosal!
miércoles, 1 de abril de 2015
miércoles, abril 01, 2015
Unknown
Presentación do Club Ciclista O Rosal 2015
Presentando a Raúl Fernández na II edición do Recoñecemento ao Mérito Deportivo. O Rosal 2014
É un pracer anunciarvos que este sábado 4 de abril, ás 19:00 horas, conducirei no Auditorio Municipal do Rosal a presentación da plantilla de corredores do Club Ciclista da vila para esta tempada 2015.
Dende aquí a miña gratitude a Gerardo Álvarez e Ramón Villa, así como á directiva e corpo técnico do club por confiar en min para presentar este evento deportivo.
viernes, 4 de julio de 2014
viernes, julio 04, 2014
Unknown
O Rosal acolle un histórico Campionato de Galicia
"Vai a ser algo histórico". Esta frase foi a máis pronunciada na presentación do Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual 2014 á que tiven o pracer de asistir hoxe, venres 4 de xullo, no Concello do Rosal.
Deu a benvida o alcalde da vila, Jesús María Fernández Portela, acompañándoo neste acto o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, o presidente do Club Ciclista O Rosal, Gerardo Álvarez Martínez, o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, o xerente da Federación Galega de Ciclismo, Ricardo Tercero, así como Isaac González González, presidente da Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal e Daniel Benavides Alonso, xefe do Servizo Provincial de Deportes.
Entre os asistentes a este evento tamén se atopaban a tenente de alcalde rosaleira, Mª Carmen Alonso, a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, o concelleiro de Deportes da Guarda, Javier Crespo González e distintos membros do Club Ciclista O Rosal, tanto directivos como corredores.
Destacouse na Presentación deste Campionato Galego de CRI que será un torneo de gran nivel e no que participarán distintos campións de España.
Lembráronse por exemplo os últimos títulos nacionais conseguidos polos ciclistas baixomiñotos Aser Estévez (A Guarda) e Antonio Portela e Raúl Fernández (O Rosal).
Con saída e chegada na Praza do Calvario, os participantes no Campionato de Galicia do vindeiro 12 de xullo, disputarán a carreira de un en un, con diferencia dun minuto entre eles.
Organizado polo Club Ciclista O Rosal, a hora oficial de comezo será ás 15:00 h., discorrendo o evento polos concello rosaleiro (anfitrión), polo de A Guarda e polo de Tomiño.
¡Que sexa unha festa do Deporte e noraboa a todos!
martes, 24 de junio de 2014
martes, junio 24, 2014
Unknown
O Campionato Galego de CRI, en O Rosal
O vindeiro sábado 12 de xullo, o Club Ciclista O Rosal organizará dende a Praza do Calvario (15:00 horas) o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual (CRI) para todas as categorías.
Segundo confirma o C.C. O Rosal, o percorrido tamén discorrerá polos concellos de Tomiño e A Guarda. Para máis información, podedes consultar esta entrada.
sábado, 1 de febrero de 2014
sábado, febrero 01, 2014
Unknown
RAÚL FERNÁNDEZ REMATA NA 33ª POSICIÓN NO CAMPIONATO DO MUNDO DE CICLOCROSS
Raúl dándoo todo en Ispaster (País Vasco). Foto: Daniel Peña
O ciclista da vila, Raúl Fernández Lorenzo (Club Ciclista O Rosal) vén de disputar hoxe, sábado 1 de febreiro, o Campionato do Mundo de Ciclocross, categoría júnior, en Hoogerheide (Países Baixos), rematando nunha meritoria 33ª posición (de 71 participantes).
Así mesmo, os nacionais Diego Pablo Sevilla, Gotzon Martin e o propio Raúl, rematan nun fantástico 5º posto por equipos.
¡Noraboa Raúl por esta experiencia, a bo seguro, inesquecible... e moita sorte no teu inmediato futuro deportivo. Estamos contigo!
Velaquí vos deixo o vídeo íntegro da carreira de hoxe no Mundial.
lunes, 27 de enero de 2014
lunes, enero 27, 2014
Unknown
O ROSAL HOMENAXEA AO SEU CAMPIÓN
Raúl, pousa cos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista o Rosal
Tal e como vos comentaba nunha das últimas entradas que publiquei no blog, O Rosal vén de homenaxear a Raúl Fernández Lorenzo, ciclista da vila que se proclamou recentemente campión de Galicia e de España júnior, na modalidade de ciclocross.
Alcalde, concelleiro de Deportes, director do Club e familiares de Raúl
Na web do Concello xa podedes ler a crónica sobre o corredor do Club Ciclista O Rosal, así como ver a reportaxe fotográfica que realicei con motivo desta recepción oficial.
Raúl, cos seus pais, nun momento da recepción e homenaxe no Concello do Rosal
Dende aquí, de novo desexarlle moita sorte a Raúl, que esta fin de semana (1 e 2 de febreiro) vaise a terras holandesas para disputar o Mundial... case nada.
A modo de curiosidade, tamén vos deixo unha imaxe da crónica que saíu publicada na edición impresa de Faro de Vigo, en concreto para o "Entre Ríos", e que está firmada por min e pola miña compañeira xornalista, Cecilia Albarenga.
Reportaxe fotográfica completa da homenaxe a Raúl Fernández.
Reportaxe fotográfica completa da homenaxe a Raúl Fernández.
miércoles, 22 de enero de 2014
miércoles, enero 22, 2014
Unknown
RAÚL FERNÁNDEZ CORRERÁ O MUNDIAL DE CICLOCROSS (HOOGERHEIDE-PAÍSES BAIXOS)
O pasado sábado 18 de xaneiro asistín como fotógrafo oficial á recepción que O Rosal lle ofreceu ao seu veciño, o ciclista de Novás, o júnior Raúl Fernández Lorenzo, que se proclamou Campión de Galicia o 2 de xaneiro e Campión de España o 12 dese mesmo mes, na modalidade de Ciclocross.
Como dicía nunha entrada anterior, Raúl convírtese desta maneira no primeiro corredor da historia do Club Ciclista O Rosal en conseguir a fazaña de ser campión nacional en ciclocross.
Dende aquí, noraboa e moita sorte para Raúl Fernández, xa que vén de ser chamado polo seleccionador nacional, Pascual Momparler, para competir no Mundial de Ciclocross que se celebrará os días 1 e 2 de febreiro en Hoogerheide (Países Baixos).



















.bmp)







.jpg)



