jueves, 25 de junio de 2015

Ascenso, programa deportivo para o Baixo Miño


Velaquí vos deixo o vídeo do primeiro programa de "Ascenso" (produción de Miño Films TV), que se emitiu o pasado venres 19 de xuño, en directo, dende O Rosal (Pontevedra).


O meu agradecemento aos deportistas entrevistados (Gabriel Marcelli, campión de España de Trial e José María Marcelli, así como a Paulo Dacosta, xogador de balonmán do Cangas de Asobal). Por suposto, graciñas tamén a todos os que colaboraron para que se puidera levar a cabo este proxecto, en especial, como non, ao polifacético colega, Cristóbal Coímbra.


É o 1º programa, o "piloto", pero está claro que necesitamos un patrocinador que polo menos nos cubra os gastos. 

Se tes unha empresa ou sabes de alguén que queira invertir en publicidade neste proxecto, falamos sen compromiso. A nosa ilusión é poder realizar moitas máis emisións, entrevistas e reportaxes para dar voz e imaxe ás noticias máis destacadas do deporte, cando menos, no Baixo MiñoPara máis información, non dubides en escribirnos a: minhofilms@gmail.com 

¡Graciñas e saúdos!