Coímbra, nun momento da súa entrevista para a TVG
Hoxe, xoves 18 de xuño, Cristóbal Coímbra e máis eu estivemos nos Muíños do Folón-Picón (O Rosal) para ser entrevistados no programa da Televisión de Galicia, A Revista (xa vos avisarei cando se emite, pero o máis seguro, para a semana).
O Documental que estamos realizando sobre estes enxeños hidráulicos da nosa vila foi un dos eixes centrais das preguntas de Jesús, redactor da canle autonómica.
Na seguinte crónica do meu blog profundizarei tamén en cuestións como o concurso da Guía Repsol, El Mejor Rincón 2015, no que o conxunto dos 67 Muíños do Folón-Picón é un dos 17 candidatos.
Elixirase o lugar máis especial de España, polo seu valor cultural ou natural... e abofé que -sen menospreciar ningún outro sitio- tanto pola súa cantidade de muíños, como pola súa disposición xeográfica e pola infinidade de atractivos históricos, visuais e paisaxísticos deste Paraíso, na miña humilde opinión, o "Folón-Picón", meréceo.