Mostrando entradas con la etiqueta La Voz de Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta La Voz de Galicia. Mostrar todas las entradas
viernes, 5 de febrero de 2016
viernes, febrero 05, 2016
Unknown
Colaboración gráfica para "La Voz de Galicia"
Velaquí vos deixo a miña última colaboración gráfica para un medio de comunicación. Desta vez son tres imaxes para a revista El Comarcal de O Val Miñor, O Baixo Miño y A Louriña de La Voz de Galicia, que ilustran a noticia "El petroglifo de Eiras, un tesoro oculto de la Edad de Cobre", da autoría da xornalista Míriam Vázquez Fraga.
Nesta extensa crónica faise un resumo do descubrimento e conseguinte posta en valor do petróglifo de Ghorghalado, na parroquia rosaleira de San Bartolomeu de Eiras, que vén de ser presentado recentemente ao público.
lunes, 1 de junio de 2015
lunes, junio 01, 2015
Unknown
A obra eterna de Alfonso Quinteiro Alonso
Velaquí vos deixo íntegro o meu último artigo, titulado Un ponteareán, autor do monumento a Frei Rosendo Salvado, publicado na revista Pregón, presentada hai uns días en Ponteareas (Pontevedra):
O pasado ano conmemorouse na diócese de Tui-Vigo o bicentenario
do nacemento de Frei Rosendo Salvado y Rotea (Tui, 1814 – Roma, 1900),
misioneiro benedictino, abade e bispo de Nova Nursia (Australia), gran defensor
dos dereitos dos aborixes australianos e unha das personalidades galegas máis
destacadas do pasado século XIX.
Aproveitando esta sinalada efeméride, é xusto lembrar que
a monumental escultura dedicada ao Pai Salvado, na Praza da Inmaculada, en Tui,
de máis de cinco metros de altura e dous anos de traballo, foi realizada polo
mestre pontareán, Alfonso Quinteiro Alonso. Esta obra, promovida por suscrición
nacional en 1946, foi inaugurada tres anos máis tarde.
Non foi ata o ano 2007 cando tiven o pracer de coñecer ao
autor da estatua que lembra a figura de
Frei Rosendo Salvado, nun acto que se celebrou precisamente na cidade tudense.
En concreto, o luns 4 de xuño, mentres cubría a noticia da homenaxe na memoria
do bispo Rosendo Salvado, coa presenza –entre outros- do embaixador de
Australia en España, Noel Campbell e o alcalde de Tui, Antonio Feliciano
Fernández Rocha.
Dito evento estivera promovido polo colectivo
Australia-Spain Business Association –ASBA Galicia, liderado por Barry-Francis
McGinlay e o seu obxectivo prioritario era estimular as relacións entre Galicia
e Australia.
Guiados así mesmo polo cóengo Avelino Bouzón percorremos
xuntos lugares ligados a Frei Rosendo, como foi a súa casa natal, na rúa que
leva o seu nome ou tamén a propia catedral de Tui. Un dato curioso é que
Rosendo Salvado ven sendo oriundo -por parte de pai- da parroquia de San
Bartolomeu das Eiras (O Rosal-Pontevedra).
O colofón desta homenaxe, sen dúbida, foi o descubrimento
-a cargo do embaixador australiano- dunha praca na escultura de Quinteiro
Alonso que rezaba: “EN GRATITUDE
AO TUDENSE FREI ROSENDO SALVADO POLO TRABALLO APOSTÓLICO E O INMENSO LABOR
REALIZADO COS ABORIXES AUSTRALIANOS NO CLX ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DE NOVA NURSIA”.
Alí presente, e atento a canto se dicía e facía, estivo o
escultor, debuxante e pintor de Ponteareas, Alfonso Quinteiro Alonso
(1924-2009), ilustre deseñador das alfombras florais do Corpus Christi da vila
e aínda pregoeiro da Festa de 2007.
A figura de Rosendo Salvado está realizada en bronce,
sobre un pedestal de granito, completándose o conxunto cuns cisnes e unha
muller aborixe amosando unha cruz ao seu fillo, ademais de varias conchas de
vieiras en forma de recipiente, rodeados dun fermoso e axardinado estanque.
En maio cumpríronse, pois, seis anos do falecemento de
Quinteiro Alonso, pero a súa obra, e en concreto a monumental estatua a Frei
Rosendo Salvado, serán, sen dúbida, eternas.
Autoría das imaxes:
Foto 1 e 2: extraídas da páxina web de Alfonso Quinteiro
Alonso.
Fotos 3, 4 e 5: Juan Ramón Martínez Barbosa.
BIBLIOGRAFÍA:
Exemplares de Faro
de Vigo e La Voz de Galicia.
FREIRÍA, Eduardo. Monumento
a Dom Rosendo Salvado. Patrimoniogalego.net.
IGLESIAS ALMEIDA, Ernesto. Xenealoxía do Bispo Salvado. Exposición Frei Rosendo Salvado
(1814-1900). O Bispo dos Sen Alma. Tui, 2001.
SÁNCHEZ
BARGIELA, Rafael. Lembranzas de Alfonso
Quinteiro Alonso. Blog Tudensia,1
de xuño de 2009.
QUINTEIRO
ALONSO, Juan José. Web de Alfonso
Quinteiro Alonso. Dibujante, escultor, pintor y maestro. 2009.
jueves, 28 de mayo de 2015
jueves, mayo 28, 2015
Unknown
Los Muíños do Folón-Picón, en el punto de mira
Un placer anunciaros que hoy, jueves 28 de mayo, el periódico La Voz de Galicia se hace eco del documental que realizamos desde Miño Films sobre los molinos de Folón-Picón en las páginas de la revista "El Comarcal de O Val Miñor, O Baixo Miño y A Louriña".
Doble satisfacción también, al ver en la portada de la misma publicación a los inquietos amigos "activistas culturales" Gemma Marqués y Daniel Alonso, coordinadores y artífices del gran trabajo desempeñado en La Casa Taller de A Guarda.
Desde aquí, nuestro agradecimiento a la periodista Míriam Vázquez Fraga por dedicarnos este espacio en "El Comarcal" y realizar una amplia entrevista-reportaje que titula: "Los Muíños do Folón-Picón, en el punto de mira de la cámara".
sábado, 9 de noviembre de 2013
sábado, noviembre 09, 2013
Unknown
HOXE, ENTREVISTA EN "LA VOZ DE GALICIA"
O xornal La Voz de Galicia publica hoxe, 9 de novembro, unha entrevista que me realizaron esta semana con motivo da edición dun especial para anunciar a celebración da romaría de San Martiño (O Rosal) mañá, domingo (se non chove).
A crónica, que está asinada por Mónica Torres, leva por título "O Rosal espera su secular romería de San Martiño". Así mesmo, destácase que "la tradicional peregrinación se remonta al siglo XVIII y congrega a todas las familias de la zona para almorzar en la explanada del Campo do Couto".
Este especial artigo está ilustrado con dúas imaxes do meu arquivo fotográfico, unha da procesión do ano 1975 e outra máis recente, do 2001.
Dende aquí, o meu sincero agradecemento e recoñecemento para Sofía Pérez Fernández, do Departamento de Publicidade de La Voz de Galicia.
A tradicional Romaría de San Martiño terá lugar o vindeiro domingo 10 de novembro*, con saída do santo en procesión (10:30 h.) dende a igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal ata a súa ermida.
Ás 12:00 horas se oficiará ao aire libre unha misa solemne con sermón, cantada polo Coro Ecos do Folón.
A romaría estará, como sempre, animada polo Grupo de Gaitas Albariños de O Rosal.
Unha vez se produza a baixada do Santo, alá polas 18:30 - 19 horas, comezarán os festexos na Praza de Fornelos, organizados pola Asociación de Veciños Río Folón que preside Manuel González Gómez. Haberá un magosto, chourizos, pan e viño amenizado polos grupos musicais Airiños do Folón e Os Tarteiras do Rosal.
Ao día seguinte, luns 11 de novembro, día propio de San Martiño, celebrarase unha misa na súa honra na igrexa parroquial.
*Se o tempo non acompañara, os actos e a romaría trasladaríanse ao domingo 17 de novembro.



















.bmp)










.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
