sábado, 9 de noviembre de 2013

HOXE, ENTREVISTA EN "LA VOZ DE GALICIA"



O xornal La Voz de Galicia publica hoxe, 9 de novembro, unha entrevista que me realizaron esta semana con motivo da edición dun especial para anunciar a celebración da romaría de San Martiño (O Rosal) mañá, domingo (se non chove).

A crónica, que está asinada por Mónica Torres, leva por título "O Rosal espera su secular romería de San Martiño". Así mesmo, destácase que "la tradicional peregrinación se remonta al siglo XVIII y congrega a todas las familias de la zona para almorzar en la explanada del Campo do Couto".

Este especial artigo está ilustrado con dúas imaxes do meu arquivo fotográfico, unha da procesión do ano 1975 e outra máis recente, do 2001.

Dende aquí, o meu sincero agradecemento e recoñecemento para Sofía Pérez Fernández, do Departamento de Publicidade de La Voz de Galicia.

A tradicional Romaría de San Martiño terá lugar o vindeiro domingo 10 de novembro*, con saída do santo en procesión (10:30 h.) dende a igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal ata a súa ermida.


Ás 12:00 horas se oficiará ao aire libre unha misa solemne con sermón, cantada polo Coro Ecos do Folón.


A romaría estará, como sempre, animada polo Grupo de Gaitas Albariños de O Rosal.

Unha vez se produza a baixada do Santo, alá polas 18:30 - 19 horas, comezarán os festexos na Praza de Fornelos, organizados pola Asociación de Veciños Río Folón que preside Manuel González Gómez. Haberá un magosto, chourizos, pan e viño amenizado polos grupos musicais Airiños do Folón e Os Tarteiras do Rosal.



Ao día seguinte, luns 11 de novembro, día propio de San Martiño, celebrarase unha misa na súa honra na igrexa parroquial.


*Se o tempo non acompañara, os actos e a romaría trasladaríanse ao domingo 17 de novembro.