Escritores/as, alcalde e concelleiro de Cultura de Ponteareas na presentación. (Foto: Hernández)
Onte, mércores 10 de xuño, fun novamente convidado polo Concello de Ponteareas, desta vez para asistir á presentación de "Soberosum". Revista de Estudos Municipais, na que colaborei literariamente, xunto con Xoán Martínez Tamuxe, co artigo de carácter arqueolóxico titulado "Algúns gravados rupestres en Mouriscados e Uma".
Un pracer e unha honra poder escribir e aportar o meu -o noso- graniño de area a esta publicación ponteareá (a nº 4, de case 400 páxinas), que tamén conta coa firma de recoñecidos investigadores como -entre outros- Clodio González Pérez, Andrés Sampedro Fernández, Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, Francisco Candeira Mosquera, Michael Skinner, etc, etc.
O que digo sempre e me reafirmo cada vez máis: cando "fóra" contan contigo, te tratan de forma exquisita e te invitan a colaborar en libros e revistas desta categoría, un sae deste tipo de actos botando de menos un pouco máis de sensibilidade cultural e respecto preto da casa.
Está claro que, cando hai interese polo noso, querer é poder. Pero -como di o refrán- de onde non hai... ( )
Está claro que, cando hai interese polo noso, querer é poder. Pero -como di o refrán- de onde non hai... ( )
¡Noraboa ao Concello de Ponteareas!