miércoles, 22 de enero de 2014

RAÚL FERNÁNDEZ CORRERÁ O MUNDIAL DE CICLOCROSS (HOOGERHEIDE-PAÍSES BAIXOS)



O pasado sábado 18 de xaneiro asistín como fotógrafo oficial á recepción que O Rosal lle ofreceu ao seu veciño, o ciclista de Novás, o júnior Raúl Fernández Lorenzo, que se proclamou Campión de Galicia o 2 de xaneiro e Campión de España o 12 dese mesmo mes, na modalidade de Ciclocross.


Como dicía nunha entrada anterior, Raúl convírtese desta maneira no primeiro corredor da historia do Club Ciclista O Rosal en conseguir a fazaña de ser campión nacional en ciclocross.

Dende aquí, noraboa e moita sorte para Raúl Fernández, xa que vén de ser chamado polo seleccionador nacional, Pascual Momparler, para competir no Mundial de Ciclocross que se celebrará os días 1 e 2 de febreiro en Hoogerheide (Países Baixos).