jueves, 16 de enero de 2014

CONFERENCIA MAXISTRAL DE XESÚS ALONSO MONTERO NO CENTRO CULTURAL DA GUARDA


Antonio Lomba, Freitas, Alonso Montero e Paco Vidal nun momento da conferencia

Tal e como xa vos contara nunha entrada anterior, o pasado venres 3 de xaneiro asistín na Guarda á conferencia ofrecida por Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, con motivo da clausura da exposición Libros, Códices e Documentos. Galicia, España e Portugal.


Na mesa principal estivo acompañado polo promotor e artífice desta mostra, Paco Vidal; polo concelleiro de cultura, Antonio Lomba e polo alcalde guardés, José Manuel Domínguez Freitas. 


Ao remate do acto, os representantes do Concello entregáronlle aos oradores (entre os que estaba tamén Bieito Ledo, á esquerda da imaxe), sendos agasallos de lembranza da vila da Guarda.

Un pracer o volver a escoitar en "plena acción" a Xesús Alonso Montero, gran amigo en común do meu lembrado e finado profesor Xosé Carlos Gómez Alfaro.