domingo, 12 de enero de 2014

RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS, CATEGORÍA JÚNIOR. ¡NORABOA!


Imaxe para a Historia que realicei fai uns días de tres campións rosaleiros (Serafín, Raúl e Óscar)

Segundo me veñen de comunicar hai unhas horas, o ciclista rosaleiro Raúl Fernández Lorenzo, vén de proclamarse en Segorbe (Castellón), novo Campión de España de Ciclocross, categoría júnior.

Noraboa Raúl, xa que, se mal non lembro, eres o primeiro do Club Ciclista O Rosal que consegue esta vitoria a nivel nacional. 

Na imaxe, tres cracks rosaleiros: Serafín Martínez Acevedo, exciclista profesional e que ata o de agora tiña o maior logro do club da vila (no seu día obtivo a medalla de bronce), flanquea a Raúl Fernández, na compaña doutro campeonísimo, o triatleta internacional Óscar Vicente Rodríguez.

Proximamente publicarei unha reportaxe-entrevista sobre o noso novo e flamante Campión de España, Raúl Fernández. ¡¡Parabéns!!