lunes, 27 de enero de 2014

O ROSAL HOMENAXEA AO SEU CAMPIÓN


Raúl, pousa cos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista o Rosal

Tal e como vos comentaba nunha das últimas entradas que publiquei no blog, O Rosal vén de homenaxear a Raúl Fernández Lorenzo, ciclista da vila que se proclamou recentemente campión de Galicia e de España júnior, na modalidade de ciclocross.

Alcalde, concelleiro de Deportes, director do Club e familiares de Raúl

Na web do Concello xa podedes ler a crónica sobre o corredor do Club Ciclista O Rosal, así como ver a reportaxe fotográfica que realicei con motivo desta recepción oficial.

Raúl, cos seus pais, nun momento da recepción e homenaxe no Concello do Rosal

Dende aquí, de novo desexarlle moita sorte a Raúl, que esta fin de semana (1 e 2 de febreiro) vaise a terras holandesas para disputar o Mundial... case nada.


A modo de curiosidade, tamén vos deixo unha imaxe da crónica que saíu publicada na edición impresa de Faro de Vigo, en concreto para o "Entre Ríos", e que está firmada por min e pola miña compañeira xornalista, Cecilia Albarenga.

Reportaxe fotográfica completa da homenaxe a Raúl Fernández.