viernes, 4 de julio de 2014

O Rosal acolle un histórico Campionato de Galicia


"Vai a ser algo histórico". Esta frase foi a máis pronunciada na presentación do Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual 2014 á que tiven o pracer de asistir hoxe, venres 4 de xullo, no Concello do Rosal.



Deu a benvida o alcalde da vila, Jesús María Fernández Portela, acompañándoo neste acto o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, o presidente do Club Ciclista O Rosal, Gerardo Álvarez Martínez, o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, o xerente da Federación Galega de Ciclismo, Ricardo Tercero, así como Isaac González González, presidente da Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal e Daniel Benavides Alonso, xefe do Servizo Provincial de Deportes.


Entre os asistentes a este evento tamén se atopaban a tenente de alcalde rosaleira, Mª Carmen Alonso, a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, o concelleiro de Deportes da Guarda, Javier Crespo González e distintos membros do Club Ciclista O Rosal, tanto directivos como corredores.


Destacouse na Presentación deste Campionato Galego de CRI que será un torneo de gran nivel e no que participarán distintos campións de España. 


Lembráronse por exemplo os últimos títulos nacionais conseguidos polos ciclistas baixomiñotos Aser Estévez (A Guarda) e Antonio Portela e Raúl Fernández (O Rosal).


Con saída e chegada na Praza do Calvario, os participantes no Campionato de Galicia do vindeiro 12 de xullo, disputarán a carreira de un en un, con diferencia dun minuto entre eles. 


Organizado polo Club Ciclista O Rosal, a hora oficial de comezo será ás 15:00 h., discorrendo o evento polos concello rosaleiro (anfitrión), polo de A Guarda e polo de Tomiño.


¡Que sexa unha festa do Deporte e noraboa a todos!