domingo, 15 de marzo de 2015

I Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca en Pías


Fotografías: Jacinto Domínguez Rodríguez / Infomiño.com

O sábado 14 de marzo tiven o pracer de presentar o "I Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca" convidado pola Organización da tradicional Feira de San Gregorio (Pías-O Rosal) e que tivo como xurado da mesma ao pequeno Brais, Noly e Óscar (Celtic).


Dende aquí a miña sincera gratitude a Marcos, Sergio, Nandi e a todos os membros da Comisión, polo seu exquisito trato e por confiar en min para "retransmitir" a primeira edición deste singular e divertido evento gastronómico.



Noraboa aos vencedores/as das mellores tortillas na modalidade clásica e de innovación, Rosa, Paula, César e Nuria, que foron agasallados, como premio, con tapas de polbo, botellas de viño e diplomas de recoñecemento. 

Máis información aquí.