martes, 7 de abril de 2015

O "ata logo" de Raúl ao club da súa vida


Fotografías: Roi González Villa // Club Ciclista O Rosal // X.M.T.

Como comentara na entrada anterior, o pasado sábado 4 de abril tiven o pracer e a honra de presentar no Auditorio do Rosal a plantilla de corredores, técnicos e directiva que forman o Club Ciclista da vila esta tempada 2015.


  Club Ciclista O Rosal

       PLANTILLA 2015 

                      
   Dirixentes

Gerardo
Álvarez Martínez
Presidente
Dir. Regional I
Juan Ramón
Villa Castro
Secretario
Monitor
José Carlos
Fernández Martínez
Tesoureiro
Monitor
Ángel
González González
Vocal

Jenaro
González Estevez
Vocal
Monitor
Juan Carlos
Rodríguez Vidal
Vocal
Monitor
Eduardo
Sobrino Lomba
Vocal

José Luís
Martínez Dominguez
Vocal


              - Directores Deportivos

José María
Álvarez Fajar
Dir. Nacional
Paula
Lomba Rodríguez
Dir. Regional II

JUNIOR
Adrián
Santomé Perez
Ero
Sobrino Dorado
Xoel
Villa Rodríguez
Zaida
González Martínez
CADETE
Francisco
Méndez Dias
Manuel
Dorna Rodríguez
María
Correa Rubio
INFANTIL
David
Fletcher
Iago
Álvarez Lomba
Irea
Villa Rodríguez
Mario
Fernández Lorenzo
ALEVÍN
Adrian
Alonso Domínguez
David
Rodríguez Alvarez
Luís
Mendez Días
Laura
Teniente Pena
Sergio
Vicente Fernández
Yasir
Martínez Silva
PRINCIPIANTE
David
Carnero Taveira
David
Vicente Fernández
Iker
Rodríguez Lomba
Pablo
Rodríguez Otero
Rubén
Carnero Taveira


Un dos momentos máis emocionantes foi sen dúbida, a intervención do presidente Gerardo Álvarez dando lectura ás actuacións máis destacadas e aos méritos deportivos conseguidos polo ciclista Raúl Fernández Lorenzo


Raúl, que tras anos defendendo as cores rosaleiras, foi fichado polo GD Froiz, foi homenaxeado coa presenza no escenario do seu laureado compañeiro e amigo, o ciclista Antonio Portela


O concelleiro de Deportes, Pablo Flores e o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela arrouparon xunto cos integrantes do club a entrega a Raúl dunha praca de recoñecemento e lembranza por toda unha vida no Club Ciclista O Rosal.


Raúl Fernández, nun emocionante discurso, pronunciou un sentido "ata logo" ao club, agradecendo tantos anos compartidos.

Dende aquí, aproveito eu tamén para novamente dar as grazas ao meu "tocaio" Juan Ramón Villa, secretario do C.C.O Rosal, pola súa deferencia comigo. 

¡Moitos éxitos e longa vida para o Club Ciclista O Rosal!