Esta fin de semana (25 e 26 de abril) terá lugar a 8ª edición da Subida a Oia, proba valedeira para o Campionato Galego de Montaña 2015.
A organización corre de novo a cargo da Escudería Baixo Miño, presidida por María Caride Álvarez, co correspondente permiso da Federación Galega de Automobilismo.
A proba VIII SUBIDA OIA é puntuable para os seguintes Campionatos e Trofeos:
- Campionato de Galicia de Montaña.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “N”.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “A”.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “X”.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “H”.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “G”.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “T”.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “P”.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo "CM".
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo "SCC".
- Copa de Galicia de Montaña para Escuderías (Grupos N,A,X, P, H, T, G, C3-CN, EM, SCC, CM)
- 1º Trophy DMACK Tyres Cup Propulsión.
- 1ª Copa Iniciación Starck Box.
Por segundo ano consecutivo, a proba conta -entre outros- coa colaboración do Bodegón-Tapería "Os Seixiños" que rexenta dende decembro de 2013 o amigo empresario Sergio Rodríguez "Trinta".
Máis información na páxina da Subida Oia 2015.