martes, 24 de junio de 2014

O Campionato Galego de CRI, en O Rosal


O vindeiro sábado 12 de xullo, o Club Ciclista O Rosal organizará dende a Praza do Calvario (15:00 horas) o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual (CRI) para todas as categorías.

Segundo confirma o C.C. O Rosal, o percorrido tamén discorrerá polos concellos de Tomiño e A Guarda. Para máis información, podedes consultar esta entrada.