Segundo me acaban de comunicar, a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG (Asociación de Escritores/as en Lingua Galega) convoca e organiza no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra de Lugo, o 3º Obradoiro de narración oral, que estará a cargo dos compañeiros Antonio Reigosa, Isidro Novo e a especialista Ana Carreira.
Para máis información do contido do obradoiro ou para formalizar a inscrición, velaquí vos deixo o seguinte enlace.