Gabri, en acción. Foto: Real Federación Española de Motociclismo
O piloto de O Rosal, Gabriel Marcelli Carballido, do Club Motociclista Teo, vén de proclamarse o domingo 1 de novembro CAMPIÓN DE GALICIA ABSOLUTO TR1 2015 na última proba que se disputou na parroquia de Orro (Culleredo-A Coruña).
José Suárez e Gabriel Marcelli chegaban separados por 5 puntos a esta derradeira proba coruñesa. O rosaleiro conseguiu a vitoria parcial nesta competición organizada polo Motoclub Trialco, o que lle deu finalmente o título na máxima categoría do trial galego.
Con este novo galardón, Gabriel Marcelli, de tan só 15 anos, obtén o seu 6º título de Campión de Galicia, estreando o seu palmarés "absoluto" e rematando por riba na clasificación de experimentados pilotos que, por exemplo, lle dobran a idade.
¡Noraboa, Gabri!