viernes, 30 de octubre de 2015

Cae o 1º Premio da Lotería Nacional en O Rosal


A Administración do Rosal vén de comunicar que foi vendido neste establecemento, un décimo do número 41272, do xoves 29 de outubro, agraciado co 1º Premio da Lotería Nacional e dotado con 30.000 euros.

Hoxe falaba con Iago Villa Martínez (na imaxe) quen afirma que "este ano é o primeiro que damos, pero de cara a este Nadal esperamos que se repita a sorte de 2013, cando caíu o Gordo". 

Dende a administración propiedade de Santiago Villa Verde descoñécese a identidade do afortunado, tan só que o boleto "foi feito por terminal, na máquina".

¡Noraboa!