O vindeiro domingo 15 de novembro celebrarase na vila do Rosal a tradicional Romaría de San Martiño. En caso de que o tempo non acompañara, os actos trasladaríanse ao domingo día 22.
A saída do Santo en procesión dende a Praza do Calvario ata a súa ermida, está prevista para as 10:30 horas. A Misa Solemne campestre con sermón oficiarase ás 12:00 horas.
A romaría estará animada polo grupo de gaitas Albariños de O Rosal.
P.D.: O mércores 11 de novembro, día propio de San Martiño, celebrarase unha Misa na súa honra na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal.