A romaría de San Martiño, que se celebrou onte domingo, con saída dende a igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal ata a capela do santo, no Campo do Couto, será protagonista hoxe, luns 11 de novembro, no "Especial San Martiño" que emite a Televisión de Galicia ás 23:30 horas.
Tal e como se anuncia dende A Galega, "Arbo, Folgoso do Courel, O Rosal, Esgos, Moaña e Ourense serán algúns dos destinos dun espazo dedicado a unha das festas galegas máis asentadas".