martes, 4 de noviembre de 2014

Achégase a Romaría de San Martiño (O Rosal)


Desta vez -por fin- parece ser que o tempo acompañará, así que a Romaría de San Martiño 2014 celebrarase este domingo 30 de novembro.

A saída do Santo en procesión ata a súa ermida, como todos os anos, será dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ás 10:30 horas.


Xa ás 12 da mañá, nas inmediacións da ermida de San Martiño, celebrarase unha Misa Solemne con sermón, cantada polo Coro Ecos do Folón.

Como é tradicional a romaría estará animada polo grupo de gaitas ALBARIÑOS de O Rosal.


NOTA: O propio día de San Martiño, o martes 11 de novembro, ás 18:30 horas, houbo unha misa na honra do santo na igrexa parroquial do Rosal.