miércoles, 12 de noviembre de 2014

Conferencia de Xoán M. Tamuxe en Os Seixiños


Este xoves 13 de novembro ás 20:00 horas, o meu pai, Xoán Martínez Tamuxe ofrecerá no Bodegón Os Seixiños unha conferencia sobre "A prehistoria entre A Gándara e Salcidos (A Guarda)".

Autor do libro Parroquia de San Lorenzo de Salcidos. Aproximación histórica, Tamuxe presentará de novo esta publicación, comezando por explicar a toponimia e a etimoloxía local (¿cal é a orixe do nome Seixiños, A Gándara ou Salcidos?). 


Igualmente coñeceremos os gravados rupestres, os vestixios da cultura castrexa ou a romanización que sufriu esta zona do Baixo Miño. Para isto, haberá unha mostra de material prehistórico e unha proxección de imaxes de xacementos arqueolóxicos.

Esta conferencia é a primeira dunhas xornadas socioculturais que se celebrarán nos vindeiros meses con motivo do I aniversario da inauguración do Bodegón Os Seixiños, que dirixe o amigo Sergio Rodríguez "Trinta".

Dende aquí, anímovos a que non vos perdades esta, a bo seguro, animada e interesante conferencia.

¡Vémonos mañá! ¡Bicos e apertas!