martes, 18 de noviembre de 2014

Nace no Baixo Miño a serie 7 Días (Sete Días)

Parte do equipo de rodaxe que participou no segundo capítulo de 7 Días

¡Boas a todos/as, que tal!

Escribo esta nova entrada no meu blog para falarvos dunha serie online de ficción que se vén de estrear este mes de novembro no Baixo Miño coa produción de Miño Films.  


Idea orixinal de Cristóbal Coímbra, a trama desenrólase tras dous capítulos, entre A Guarda e O Rosal: "Javito entérase de que se non consegue pagar o piso no prazo dunha semana quedarase coa súa moza na rúa. ¿A que estará disposto para solucionar esta situación?"


Na imaxe, con José Enrique Rodríguez (no medio), xerente de A Competencia

Coa dirección do propio Coímbra e máis eu, comezamos a gravar o pasado luns día 10, colaborando no episodio piloto o Bar A Competencia (O Rosal) e o Bodegón Os Seixiños (A Guarda).

Xa neste segundo capítulo, que se estreou hoxe, 18 de novembro, temos que dar o noso agradecemento ao Bar O Chancarello (A Guarda).



Que dicir dos protagonistas, destes GRANDES. Unha das curiosidades, é que, a serie -humilde, pero realizada con infinita ilusión- está gravada en galego, sendo os actores na vida cotidiá e real "castelán-falantes", o que lles dá, sén dúbida, un plus de mérito. 


Na imaxe, con Coímbra, gravando unha escea cos actores Sergio Calderón e Jorge Silva

Jorge Silva no papel de Javito, Dani Rodríguez como Tony, Cristian Santiago como Sic e coa actuación estelar de Sergio Calderón (nominado aos Premios Goya pola curtametraxe Proverbio Chino) no papel de Michael, son algúns dos persoaxes principais desta produción audiovisual de Miño Films.



Temas tan importantes para "a xente de a pé" -e que están á orde do día- como o problema do paro, a economía ou a corrupción, serán, en clave de humor e intriga, parte do argumento de "7 Días". O proxecto, precisamente, está concebido para a emisión de 7 capítulos, con periodicidade -como non- semanal.

¡Sen máis, anímovos a que sigades a serie, graciñas a todos/as! 

¡Bicos e apertas!



P.D.: ¡¡En verdade vos digo que, a complicidade entre todo o equipo de rodaxe e as risas que nos botamos en cada unha das esceas merece calquera traballo e sacrificio!! 

Se queredes máis información deste e doutros proxectos que dirixo ou nos que colaboro, xa sabedes.

¡¡Ata a próxima!!