lunes, 29 de abril de 2013

ESTE VENRES 3 DE MAIO, RUTA GUIADA POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN





¡¡Boas a todos/as!! ¿Que tal? Agardo que ben.

Escribo esta entrada no meu blog para comunicarvos que o vindeiro venres 3 de maio ás 11 horas, guiarei a primeira ruta da tempada. Como non podía ser doutra maneira, comezaremos por un máxico percorrido polos 67 muíños hidráulicos do Folón e Picón.

Para os que vos animedes e decidades participar, unha importante e coñecida canle de TV xa se puxo en contacto comigo e gravará un vídeo desta ruta, que se emitirá nun novo programa... así que seredes os protagonistas do mesmo.

Igualmente, pola miña parte, ademais das correspondentes explicacións, realizarei unha extensa reportaxe fotográfica desta actividade para que vos quede de lembranza

Tal e como podedes ler no cartel, o Muíño das Laxes, no Folón (en fronte á "casa de Cadilla", en Martín) será o punto de encontro e partida. A inscrición para poder participar na ruta guiada será de 3 euriños, podendo formalizala o mesmo día.

A dificultade do percorrido é media-baixa, cunha distancia de 3'5 quilómetros e unhas 2 horas de duración.

Para calquera dúbida que teñades, para apuntarvos ou para máis información, contactade comigo sen problema, no meu email: juanorosal@hotmail.com ou ben no meu teléfono: 637 311 007.

Así mesmo, xa vos podo confirmar tamén que o sábado 11 de maio a partir das 16:00 horas guiarei a "XI Andaina O Rosal. Coñece o teu Concello 2013", unha actividade cultural e deportiva que nos levará polas parroquias de San Xoán de Tabagón e San Bartolomeu das Eiras, visitando petróglifos, capelas, igrexas, praias, etc, etc. 

Ata a próxima, recibide unha forte aperta!!