martes, 23 de abril de 2013

DE CELEBRACIÓN COS MEUS CATRO LIBROS PUBLICADOS NO SEU DÍA INTERNACIONAL




Hoxe, martes 23 de abril, é o Día Internacional do Libro, unha celebración a nivel mundial "co obxecto de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor".

A verdade, é que estou inmensamente feliz e moi orgulloso dos meus catro libros escritos e publicados na compaña de Xoán Martínez Tamuxe



O terceiro, rematado de escribir en 2009 e que ocupa aínda hoxe en día un lugar moi importante na miña vida, Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia.

E o último publicado polo momento, -e agardo non sexa o derradeiro- saía en 2011, titulándose Muíños do Porto en fervenza, patrimonio etnográfico de Vilameán-Tomiño.

Nestes intres atópome traballando en novos e diferentes proxectos histórico-literarios que oxalá algún día, ao igual que os anteriores, tamén entren en imprenta e vexan finalmente a luz...

Saúdos a todos/as e... a ler...!!!