lunes, 2 de septiembre de 2013

DECLARACIÓNS EN TELECINCO E NO XORNAL FARO DE VIGO SOBRE O INCENDIO DO ROSAL



Hoxe, luns 2 de setembro, fai exactamente unha semana dende que se produciu un dos incendios máis devastadores que sufriu en anos a nosa comarca do Baixo Miño.

Diferentes medios de comunicación puxéronse en contacto comigo para coñecer a miña opinión ao respecto e para que valorase as consecuencias do lume, máxime no Rosal e no conxunto histórico-etnográfico dos muíños do Folón e Picón.


Pois ben, velaquí vos deixo -entre outros- o enlace ás declaracións realizadas para Mediaset España Comunicación, en concreto para a canle de televisión Telecinco, emitidas no Informativo Fin de Semana, que presenta José Ribagorda. 


Igualmente, a ligazón á noticia publicada no diario decano da prensa nacional, Faro de Vigo, na sección de Galicia, entrevistado polo xornalista Diego Vázquez.

Sen dúbida unha verdadeira mágoa ter que falar da nosa vila e dos nosos muíños non por causas boas, pero é o que hai e grazas a algún "intelixente" temos que resignarnos. 

Como xa teño dito en varias ocasións, agora o que simplemente pido é moito ánimo, que por favor estemos unidos e que todos colaboremos para volver a recuperar este PARAÍSO

Unha forte aperta.