viernes, 30 de agosto de 2013

ESTE XOVES ASISTÍN EN TUI Á XUNTANZA DO NOSO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES



Onte, xoves 29 de agosto, asistín no Área Panorámica de Tui a unha nova xuntanza do Instituto de Estudos Tudenses, do que son membro dende hai uns anos.

Como sempre, un placer poder disfrutar da compañía, experiencia e coñecementos da vida sociocultural galega duns verdadeiros profesionais na materia como son -entre outros- os historiadores e investigadores (de esquerda a dereita na imaxe) Rafael Sánchez Bargiela, Marta Cendón Fernández, Silvia González Soutelo, Xavier Añoveros Trías de Bes, Ernesto Iglesias Almeida, Antonio Hernández Matías, Jaime Garrido Rodríguez, Clodio González Pérez e Xoán Martínez Tamuxe.

Xa vos contarei máis amplamente, pero entre algúns dos puntos que tratamos nesta reunión estivo a posibilidade da futura edición do nº 4 da revista do noso Instituto, "Castellum Tyde". 

¡Ata a próxima. Coidádevos. Bicos e apertas!