Solla e Sampedro flanquean a Bargiela. Foto: Concello de Ponteareas
Este sábado 14 de xuño asistín, na compaña do escritor Xoán Martínez Tamuxe, ao acto de lectura do pregón das Festas do Corpus Christi de Ponteareas 2014, que tivo lugar no Auditorio Reveriano Soutullo.
Rafael Sánchez Bargiela, director-xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e compañeiro noso do Instituto de Estudos Tudenses, foi o pregoeiro deste ano, facendo un percorrido "polos feitos que foron decisivos para esta Festa".
Coa presenza -entre outros- do alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, tamén se homenaxeou a figura do fotógrafo José Guillermo Souto, realizándose unha exposición baixo o título "Historia viva de un fotógrafo de calle".
A Festa do Corpus Christi de Ponteareas, que está declarada Festa de Interese Turístico Internacional, contará con multitude de actividades culturais e de lecer ata o luns 23 de xuño.