viernes, 15 de enero de 2016

Dicir Frony é dicir Atlético Novás, é dicir O Rosal


Quero dende aquí dedicarlle esta nova entrada no meu blog, a modo de pequena homenaxe, a Sergio Diego alias "Frony", porque dicir Frony é tamén dicir Atlético Novás... e como non, O Rosal

O noso amigo, veciño de Fornelos, é un dos máis ferventes e fieis afeccionados do club de balonmán da vila, ademais dun dos grandes defensores da Jalleira, deste paraíso, deste "Xardín do Baixo Miño".


Proba disto son as innumerables reflexións que o "Sr. Frony", con auténtico sentimento e infinita paixón, publica nas redes sociais. Aquí vos deixo a última, porque, sinceramente, non ten desperdicio. Frony, camioneiro de profesión, co dorsal nº 9 ás costas, por coraxe e devoción ben pode ser considerado o seguidor nº 1, o "oitavo xogador" deste Novás:


"Bueno balonmaneros/as afeccionados/as, mañá toca xogarse o pelexo unha vez máis e todos xuntos ou iso espero e anímovos a que así sexa, porque por iso tamén somos grandes. 40 anos non se fan todos os días. 40 anos crecendo sen parar. 40 anos estando aí arriba, entre os mellores sempre.

Non sei cantas fases a Primeira, aínda recordo na que ascendemos: corría o ano 98 no Rosal. IMPRESIONANTE!!! Non sei cantas á "B", 8-9-10... xa lle perdín a conta. IMPRESIONANTES. 2 tempadas na División de Prata do balonmán español, esas ligas que gañamos en 1ª, disputadísimas e de grandísimo nivel con aqueles equipazos que había sempre (Safa, Ademar, Avilesina, canarios, La Salle, etc). IMPRESIONANTES.

E por moito, moito máis é polo que xamais debemos tirar por un partido unha racha, etc, toda unha historia. É algo más que un club porque o Novás xa é para moitos algo máis que balonmán, é como unha familia ou forma de entender a vida ou identificarse con ela, etc...

Referente a esas imaxes que vos colguei, recorren Galicia todos os días de cabo a rabo. Algunha que outra vez saen e parte de Portugal. Asegúrovos que na maioría dos sitios somos coñecidos e coñecen e saben do Atlético Novás ou de O Rosal, ou do viño ou dos Muíños do Folón e Picón, etc.

E se non saben, preguntan "¿que é iso do Atl. Novás que levas aí?" E bueno eu que case non me gusta nada jeje, cun pequeno resumo de 5-10 minutos da nosa historia a peña flipa e queda sorprendidísima, a verdade. Por iso que O Rosal e o Novás son moi, moi grandes, así que colaboremos a que sigan sendo GRANDES e nunca pequenos.


Son máis que motivos para non baixarse xamais na vida deste tren e todo isto que temos na nosa vila, así que mañá, unha vez máis temos unha gran cita, ás 19:00 horas, coma sempre!!!

Saúdos a todos/as. AÚPA NOVÁS!!!!!"

¡¡Pero que grande eres, Sr. Frony!!