miércoles, 13 de enero de 2016

Julio Sesto, o escritor máis ilustre de O Rosal


Quero comezar este ano 2016 lembrando a figura de Julio Sesto, o máis ilustre escritor na historia da nosa vila. Para isto temos que consultar, inevitablemente, a súa biografía publicada na Gran Enciclopedia Gallega e realizada polo investigador -tamén rosaleiro- Xoán Martínez Tamuxe.

Transcribimos e traducimos ao galego o que alí se di do noso escritor máis universal:

"Julio Sesto naceu no Rosal (Pontevedra) o 10 de xullo de 1879 e faleceu en San Ángel (México) o 5 de maio de 1960. 

Seudónimo literario do escritor e poeta Julio Manuel Vicente Sesto. En 1895 emigra a Puerto Rico, onde amplía os seus estudos e en 1897 parte para México, país no que fixa a súa residencia dende 1901, comezando a súa etapa literario-xornalística no diario El Imparcial e continuándoa en El Correo Español e o Diario del Hogar

Salta á fama en 1909 coa publicación no Diario de la Marina, da Habana, do poema Las Abandonadas. Durante a súa estadía en España (1911) foi redactor de El Liberal e colaborador de Blanco y Negro, Nuevo Mundo e Ilustración Española y Americana, entre otros. 

A partir de 1917 abandona o xornalismo para dedicarse ao seu labor como escritor, que vai dende a investigación á poesía, dende o teatro á socioloxía, pasando pola historia e a biografía, sendo, ademais, un destacado conferenciante.

Ante a notoria personalidade de Julio Sesto, o hispanista Paravicini, primeiro (1917), como logo (1920) Alfonso Caravioto e José Vasconcelos, nomeáronlle profesor de Literatura e Lengua castelás na Universidade Nacional de México, cargo do que Sesto dimitiu poucos anos despois.

En determinado momento político actuou como “intermediario diplomático” en diferentes cuestións entre España e México, cuxas diferenzas e alonxamento lamentou sempre o escritor.

Julio Sesto fundou en 1971, e tamén dirixiu, a revista ilustrada Tricolor, e catro anos antes creara a importante editorial “El Libro Español S.A.”, na que só se publicaban libros en castelán.

A súa obra literaria está representada por máis de 25 títulos publicados en México e España, aparte dunhas 10 obras inéditas. 

Das súas publicacións é obrigado destacar:

-Ensayos:  
El Pensamiento en América, 4 vol.
Psicología Amorosa
El México de Porfirio Díaz
La Bohemia de la muerte
Las Abejas del Rosal

-Poesía: 
Azulejos (México, 3ª ed., 1942)
Cactus (id., 1921)
Cálices (id., 1940)
El libro que canta  (íd, 1949)
O libriño da ialma (Vigo, 1958)

-Novela: 
La tórtola del Ajusto (México, 4ª ed., 1951)
La casa de las Bugambilias (Barcelona, 4ª ed., 1947)
Cómo ardían los muertos (México, 1955)
La Sangre de España (íd., 1937)
La ciudad de los Palacios (íd. 1958)         
La emperatriz morena (íd. 1957)
Las Abandonadas (íf., 1908)
La Reina de Acapulco (íd. 1935)
Mamacita linda…! (íd. 1927)

Julio Sesto preparaba as súas memorias, cuxa primicia adiantara xa, a través de publicacións na prensa, baixo o título de Las colaboraciones, cando se quitou a vida na súa finca de San Ángel (México). Varias das súas obras foron levadas ao cine". 


Hai que destacar que o Concello do Rosal homenaxeou a Julio Sesto en 1979 coa erección dun monumento na súa honra (obra de Xoán Piñeiro) no centenario do seu nacemento, dedicándolle unha rúa que aínda conserva o seu nome na actualidade.

Cónstanos que Xoán Martínez Tamuxe está ultimando -entre outros traballos- unha ampla biografía de Julio Sesto, en forma de libro, que está á espera de patrocinio para poder ser publicada.