Moncho Vicente, Gabriel Marcelli e Andrés Senra
Hoxe, domingo 22 de novembro, tivo lugar no pavillón municipal do Rosal, a homenaxe do Acanor Atlético Novás ao piloto da vila, Gabriel Marcelli Carballido, que se vén de proclamar recentemente - e por cuarta vez- Campión de España de Trial.
Ao descanso do partido, que enfrontou ao club de balonmán rosaleiro co S.A.R. Plastic Omnium (con victoria para os nosos por 27-17), realizouse este pequeno acto, co presidente Andrés Senra e o xerente de Acanor, Moncho Vicente á cabeza, onde se lle entregou a Marcelli unha camiseta do Novás co seu número 38 e unha praca conmemorativa.
¡Noraboa, tanto á directiva do Novás como ao propio Gabri por este xusto recoñecemento deportivo entre veciños. Que cunda o exemplo!