O Rosal despide hoxe a José Martínez González "Pepe", "Pepiño Berdeal", un dos seus veciños máis representativos e apreciados dos últimos tempos.
Foi funcionario (dos que, en verdade, funcionan) do Concello do Rosal durante 50 anos (dende 1956 a 2006).
Sempre lembrarei con cariño moitas das nosas charlas e sobre todo aquela entrevista que lle realicei en 2011, onde ante a pregunta "¿Cal era a súa función nas dependencias municipais?" Pepe, rindo, confesaba: "¿A miña función? De todo menos de Alcalde. Era o comodín".
Pepe, "home culto, servicial e amable como poucos" foi, ademais, durante moitos anos, presidente da Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) e tamén organizador e "cabeza visible da cabalgata de Reis".
A igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal acolle hoxe, 6 de novembro, ás 16:30 horas, o enterro e funeral pola súa alma.
Dende aquí, amigo Pepe, unha forte aperta e graciñas por todo. Como rosaleiro, estou e estarei moi orgulloso de ti.
Meu máis sentido pésame a familiares e amigos. Descanse en paz.
Foi funcionario (dos que, en verdade, funcionan) do Concello do Rosal durante 50 anos (dende 1956 a 2006).
Sempre lembrarei con cariño moitas das nosas charlas e sobre todo aquela entrevista que lle realicei en 2011, onde ante a pregunta "¿Cal era a súa función nas dependencias municipais?" Pepe, rindo, confesaba: "¿A miña función? De todo menos de Alcalde. Era o comodín".
Foto de familia en San Xoán de Tabagón, cos seus queridos Reis Magos
Pepe, "home culto, servicial e amable como poucos" foi, ademais, durante moitos anos, presidente da Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) e tamén organizador e "cabeza visible da cabalgata de Reis".
Con Eva e Sara, durante un dos sorteos de ACOR
Con Pepe, na Feira do Viño do Rosal