Velaquí vos deixo esta moi boa noticia -pode dicirse, histórica- que me foi comunicada recentemente: "Desde hai anos viñan convocándose os premios literarios da AELG (Asociación de Escritores/as en Lingua Galega) coa súa Gala das Letras, a Noite da edición en Galicia da Asociación Galega de Editores e máis os Premios Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia.
A partir de agora todos estes galardóns desaparecen para transformarse nuns únicos premios literarios co libro galego como protagonista principal, convocados de forma conxunta polas tres organizacións. O nome escollido, e que hoxe se presentou publicamente, é Gala do Libro Galego".
A partir de agora todos estes galardóns desaparecen para transformarse nuns únicos premios literarios co libro galego como protagonista principal, convocados de forma conxunta polas tres organizacións. O nome escollido, e que hoxe se presentou publicamente, é Gala do Libro Galego".
Tralo anuncio de colaboración entre as directivas das organizacións convocantes "estes galardóns nacen co obxecto de recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia, e faranse públicos no transcurso da Gala do Libro Galego 2016, que se celebrará o 14 de maio do próximo ano". Alí entregaranse as distincións nas seguintes categorías:
Obra de ensaio
Obra de narrativa
Obra infantil e xuvenil
Libro ilustrado
Iniciativa bibliográfica
Obra traducida
Libro de poesía
Libro de teatro
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Proxecto literario na rede
Xornalismo cultural
Escritor galego universal
Premio honorífico á libraría
Premio honorífico á editora
Obra de ensaio
Obra de narrativa
Obra infantil e xuvenil
Libro ilustrado
Iniciativa bibliográfica
Obra traducida
Libro de poesía
Libro de teatro
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Proxecto literario na rede
Xornalismo cultural
Escritor galego universal
Premio honorífico á libraría
Premio honorífico á editora
Arriba, na imaxe, de esquerda a dereita, Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, Xosé Antón Pedreira, vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, Xosé Leal, vicepresidente da AGE, Cesáreo Sánchez, presidente da AELG e Laura Rodríguez, presidenta da AGE.
Toda a información da Gala do Libro Galego 2016, aquí.