martes, 27 de noviembre de 2012

O CENTRO SOCIAL DE ESTÁS (TOMIÑO) ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA




Boas a todos/as:

Comentarvos que o mércores 28 de novembro, inaugurouse na Cafetería do Centro Social de Estás (Tomiño) unha exposición fotográfica de curiosas paisaxes do Baixo Miño e Galicia en época outonal e aínda preciosas imaxes cuxa procedencia traspasa fronteiras (Portugal, Irlanda e mesmo Rumanía).

Participo, de feito, con varias fotografías da miña autoría nesta mostra colectiva, xunto ás rapazas de Tomiño, Sara Gándara, Chus López e María Pérez.

Dende aquí o meu sincero agradecemento ás webs de información comarcais Galiciasuroeste, Infogauda e Infomiño, por facerse eco desta noticia.

Entre as imaxes que se poderán ver e que presento na exposición, está a que ilustra esta entrada no meu blog, "O Calvario baixo o Arco da Vella".

A clausura da mostra será o domingo 23 de decembro e o horario de visita, a partir das 10:30 horas da mañá.

¡¡Saúde, bicos e apertas!!