jueves, 17 de enero de 2013

I OLIMPIADA DE FUTBOLÍN E FIFA BAR TROYA




Este sábado 26 de xaneiro, a partir das 16:00 horas e para comezar este 2013, celebrarase no Bar Troya (Marzán - O Rosal) unha xornada especial de lecer con sendos torneos de FUTBOLÍN e FIFA.

Estes campionatos enmárcanse dentro dun futuro -e cada vez máis próximo- proxecto de “Olimpíadas” sociodeportivas que se levarán a cabo nos vindeiros meses para pasalo ben entre amigos/as e dinamizar a Comarca.

Haberá clasificacións e rankings individuais actualizados que se publicarán nunha páxina web que en breve sairá á luz pública. Todos os xogadores/as que se apunten, contarán con fichas persoais e con carnés… non o podes perder…!!

Como somos conscientes da crise económica existente, a inscrición (individual), para poder participar nos campionatos, tanto no de FUTBOLÍN como no de FIFA, será como sempre de tan só ¡¡5 €!!

Nesta I Olimpiada pódese escoller o compañeiro/a, que será o mesmo para as dúas modalidades (futbolín e fifa). O máximo de equipos participantes será de 10.

Se queres organizar un evento deste tipo no teu local ou desexas inscribirte como xogador/a, non o dubides e contacta comigo

¡¡Graciñas e saúdos!!