viernes, 23 de agosto de 2013

XXIV FESTIVAL DE MÚSICOS XOVES NO ROSAL



Segundo comunica a Agrupación Musical do Rosal, esta fin de semana terá lugar na Praza do Calvario o XXIV Festival de Músicos Xoves que se vén celebrando dende o ano 1989.

sábado 24, a partir das 21,00 h. participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, Unión Musical de Ponteledesma, Banda Cultural de Salceda de Caselas e a Agrupación Musical do Rosal

domingo 25, á mesma hora, estará adicado a música coral e participarán a Coral Polifónica de Baiona A Real, Coro de Cámara Gli Appassionati e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.