Mostrando entradas con la etiqueta ACAMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACAMO. Mostrar todas las entradas
martes, 6 de agosto de 2013
martes, agosto 06, 2013
Unknown
VISITA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DA PEDREIRA E DA POUSADELA (OIA)
Segundo comunica ACAMO (Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia) este sábado 10 de agosto celebrarase unha visita nocturna ao petróglifo da Pedreira, en Santa María de Oia e da Pousadela en Pedornes.
Esta visita será guiada por membros de ACAMO, sendo a saída ás 21:30 horas dende a Praza da Centinela, en Santa María de Oia, xunto á Oficina de Turismo.
Para inscribirse nesta andaina (2 €), pode facerse a través do email da oficina de turismo, oit.concelloia@gmail.com, na propia oficina ou no teléfono 986 36 22 25.
Velaquí vos deixo o enlace á crónica e a reportaxe fotográfica que realicei con motivo da presentación da Ruta Máxica de Oia.
jueves, 4 de julio de 2013
jueves, julio 04, 2013
Unknown
HOXE PRESÉNTASE A "RUTA MÁXICA DE OIA"
Hoxe, xoves 4 de xullo ás 17:00 horas, terá lugar a presentación pública da "Ruta Máxica de Oia" na oficina de información e turismo de Oia. Este acto contará coa presenza dos autores do proxecto, Fernando Javier Costas Goberna (ACAMO e IEV) e Manuel Ángel Pombal Diego (UVIGO e ANABAM).
Sobre as 18:00 horas realizarase unha visita guiada a unha parte do percorrido da ruta en vehículos apropiados (todo terreo) deténdonos nalgúns dos lugares de maior interese.
O regreso ao punto de partida está previsto entre as 19:30 e as 20:00 horas.
Máis información desta Presentación da Ruta Máxica de Oia en Homeclaro.com
jueves, 20 de junio de 2013
jueves, junio 20, 2013
Unknown
ANDAINA POLO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA ENTRE A GUARDA E OIA (15 KM)
O
SÁBADO 22 DE XUÑO, QUINTA ANDAINA DO 2013:
CAMIÑO
PORTUGUÉS DA COSTA ENTRE A GUARDA – OIA
Segundo nota de prensa remitida ao meu correo (juanorosal@hotmail.com) infórmanme de que "A concellaría de Deporte da Guarda e ACAMO, Asociación
Cultural Amigos do Mosteiro de Oia, organizan para este sábado 22 de xuño unha
andaina cun percorrido guiado duns 15 km. Deste xeito, preténdese conmemorar os
82 anos da declaración do Castro de Santa
Trega e o Mosteiro de Oia como Bens de Interese Cultural (BIC).
Os participantes nesta andaina percorrerán o tramo do
Camiño Portugués da Costa que une estes dous BICs e grazas ás explicacións de
ACAMO poderán coñecer mellor estes emblemas do Baixo Miño e doutros lugares de
interese da Guarda, do Rosal e de Oia: A ermida da Guía, a pequena igrexa de
San Xián, a de San Sebastián e por suposto, o mosteiro cisterciense de Oia.
A ruta dará comezo ás 9,30 horas da Alameda e recórdase
que nesta ocasión non hai traslado en autocar de regreso, polo que haberá que
desandar o Camiño da Costa para volver A Guarda, polo que aqueles que desexen
dar por concluída a etapa en Oia deben de organizar o regreso pola súa conta.
Nesta ocasión a participación é gratuíta (non hai
traslado incluído) aínda que se recomenda informar no Concello (tel.
986.614.546 ou turismo@aguarda.es) do interese en participar na Andaina. Deste xeito,
terase coñecemento do número aproximado de participantes e así facilitar a
organización dos guías de ACAMO.
Recoméndase
levar:
- Mochila con menos de 5 kg.
- Sempre provisto de auga.
- Bocadillo ou comida.
- Chocolate, froitos secos,...
- Bastón.
- Calzado cómodo e elástico (recomendable non
utilizar un calzado novo)
- Gafas de sol, crema protectora.
-
Impermeable (en previsión de mal tempo)".



















.bmp)


.jpg)
.jpg)

