jueves, 20 de junio de 2013

ANDAINA POLO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA ENTRE A GUARDA E OIA (15 KM)




O SÁBADO 22 DE XUÑO, QUINTA ANDAINA DO 2013:
CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA ENTRE A GUARDA – OIA

Segundo nota de prensa remitida ao meu correo (juanorosal@hotmail.com) infórmanme de que "A concellaría de Deporte da Guarda e ACAMO, Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia, organizan para este sábado 22 de xuño unha andaina cun percorrido guiado duns 15 km. Deste xeito, preténdese conmemorar os 82 anos da declaración do Castro de Santa Trega e o Mosteiro de Oia como Bens de Interese Cultural (BIC).

Os participantes nesta andaina percorrerán o tramo do Camiño Portugués da Costa que une estes dous BICs e grazas ás explicacións de ACAMO poderán coñecer mellor estes emblemas do Baixo Miño e doutros lugares de interese da Guarda, do Rosal e de Oia: A ermida da Guía, a pequena igrexa de San Xián, a de San Sebastián e por suposto, o mosteiro cisterciense de Oia.

A ruta dará comezo ás 9,30 horas da Alameda e recórdase que nesta ocasión non hai traslado en autocar de regreso, polo que haberá que desandar o Camiño da Costa para volver A Guarda, polo que aqueles que desexen dar por concluída a etapa en Oia deben de organizar o regreso pola súa conta.

Nesta ocasión a participación é gratuíta (non hai traslado incluído) aínda que se recomenda informar no Concello (tel. 986.614.546 ou turismo@aguarda.es) do interese en participar na Andaina. Deste xeito, terase coñecemento do número aproximado de participantes e así facilitar a organización dos guías de ACAMO.


Recoméndase levar:
 - Mochila con menos de 5 kg.
 - Sempre provisto de auga.
 - Bocadillo ou comida.
 - Chocolate, froitos secos,...
 - Bastón.
 - Calzado cómodo e elástico (recomendable non utilizar un calzado novo)
 - Gafas de sol, crema protectora.
 - Impermeable (en previsión de mal tempo)".