Mostrando entradas con la etiqueta Julia Sobrino. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Julia Sobrino. Mostrar todas las entradas
viernes, 24 de mayo de 2013
viernes, mayo 24, 2013
Unknown
HOMENAXE A MANUEL ÁNGEL POMBAL DIEGO "PEQUE" NO CENTRO CULTURAL DA GUARDA
Hoxe, venres 24 de maio ás 21:00 horas no Centro Cultural e Social da Guarda, a Agrupación Cultural Guardesa, que preside Julia Sobrino, homenaxeará a Manuel Ángel Pombal Diego "Peque", con motivo das Letras Galegas 2013.
Tal e como reflicten os nosos compañeiros de Infogauda, Manuel Ángel Pombal Diego é veciño de Pedornes (Oia), doutor en Bioloxía e profesor e investigador na Área de Bioloxía Celular da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Así mesmo, é autor de numerosos artigos de investigación, poñente en congresos e membro de distintas asociacións -entre outras- ten o cargo de vicepresidente de ANABAM dende 2008.
Falará sobre o homenaxeado, o tamén mestre e xornalista guardés, Antón Ferreira Lorenzo, correspondente de Atlántico Diario e coordinador da web Galicia Suroeste.
Actuarán o grupo de pandeiretas da Agrupación Cultural Guardesa, que dirixe Berta Castro González; o grupo Antorcha, dirixido por Mª José Baz e a Banda da Escola de Música de Mougás, que dirixe Luis Giráldez.



















.bmp)



