viernes, 24 de mayo de 2013

HOMENAXE A MANUEL ÁNGEL POMBAL DIEGO "PEQUE" NO CENTRO CULTURAL DA GUARDA




Hoxe, venres 24 de maio ás 21:00 horas no Centro Cultural e Social da Guarda, a Agrupación Cultural Guardesa, que preside Julia Sobrino, homenaxeará a Manuel Ángel Pombal Diego "Peque", con motivo das Letras Galegas 2013.

Tal e como reflicten os nosos compañeiros de InfogaudaManuel Ángel Pombal Diego é veciño de Pedornes (Oia), doutor en Bioloxía e profesor e investigador na Área de Bioloxía Celular da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Así mesmo, é autor de numerosos artigos de investigación, poñente en congresos e membro de distintas asociacións -entre outras- ten o cargo de vicepresidente de ANABAM dende 2008.

Falará sobre o homenaxeado, o tamén mestre e xornalista guardés, Antón Ferreira Lorenzo, correspondente de Atlántico Diario e coordinador da web Galicia Suroeste

Actuarán o grupo de pandeiretas da Agrupación Cultural Guardesa, que dirixe Berta Castro González; o grupo Antorcha, dirixido por Mª José Baz e a Banda da Escola de Música de Mougás, que dirixe Luis Giráldez.