Mostrando entradas con la etiqueta The Loopholes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta The Loopholes. Mostrar todas las entradas
martes, 19 de noviembre de 2013
martes, noviembre 19, 2013
Unknown
VISITA A "LA CASA TALLER" (A GUARDA), NA COMPAÑA DO ESCULTOR JULIO MARTÍNEZ
Gemma Marqués, Julio Martínez, Daniel Alonso e Bruce Salinas
Este venres 15 de novembro, visitei por fin, co amigo escultor Julio Martínez Martínez, La Casa Taller en A Guarda (Pontevedra), aproveitando a invitación para ver a exposición "Japónica. Conexiones artísticas japo-guardesas" que estará aberta ao público ata o 30 de novembro (de 18 a 21 horas).
Sen dúbida, La Casa Taller é lugar obrigado para os amantes da arte, da cultura... e máxime, para o potencial turista que decida achegarse ata a vila da Guarda e ao Baixo Miño. Unha pequena proba de todo isto é, precisamente a mostra internacional "Japónica".
Dende aquí, todo o meu apoio e agradecemento aos artistas Gemma Marqués e Daniel Alonso, anfitrións deste fermoso espazo creativo en pleno paseo marítimo guardés.
P.D.: Déixovos o vídeo de presentación da banda The Loopholes, formado polo propio Daniel Alonso e Bruce Salinas (co que cadramos tamén o venres, no ensaio deste dúo, que pronto sacará un single en vinilo).



















.bmp)


