Na imaxe, con Xoán Martínez Tamuxe, Celso (presidente C.M. Vilameán) e Rosa (alcaldesa pedánea) durante a presentación do libro dos Muíños do Porto.
Moi boas a todos /as:
Por aquí, outra vez, enchendo de letras, pensamentos e vivencias este blog.
Comentarvos que retomo o meu traballo na dirección de Noticias O Rosal, despois dun paréntese de moito... demasiado estrés.
Así que de novo, con paciencia e tranquilidade, irei reflectindo pouco a pouco todas as noticias culturais, turísticas e mesmo deportivas que vaian saíndo referentes á vila do Rosal.

Tamén informarvos que fun elixido presidente da recién creada Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín, entre cuxos fins están o promover a Cultura e a Festa do Cabaqueiro, fomentar o desenrolo cultural do Baixo Miño, así como promocionar o xogo do futbolín e crear un ambiente de festexo entre todos os veciños e veciñas da Comarca.
E bueno, sigo metido de cheo na miña faceta histórico-literaria, realizando estudos de diferentes parroquias e elementos do Baixo Miño. O último libro, na compaña do meu pai, o incansable escritor Xoán Martínez Tamuxe, presentámolo recentemente en Vilameán (Tomiño) sobre os curiosos muíños do Porto.
Rematando xa, e desexando estedes ben, envíovos ¡saúdos, bicos e apertas!